MANUAL DE USUARIO ZFK1747X FAGOR
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu conxelador.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.

Identificación
Identifica o modelo do teu conxelador ("a", "b", "c", "d", "e") comparando o panel de mandos coas ilustracións.
O teu conxelador é NO FROST se aparece NO FROST no panel de mandos.
1
Instalación

1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección. 1.2 Situación. Coloca o conxelador lonxe de fontes de calor e protexido dos raios directos do sol para diminuí-lo consumo.
Non instales o conxelador ó aire libre nin exposto á chuvia.
O aire debe circular pola parte traseira do conxelador. Deixa 25 mm entre o fondo do conxelador e a parte traseira. Non tapones o espazo existente entre o teu conxelador e o chan ou o teito con ningún obxecto.
Nivela o conxelador para evitar vibracións e ruídos. Ten en conta que, se o conxelador está situado xunto á parede ou algún armario, pode producir pequenos ruídos.
Así mesmo, comproba que as bandexas están colocadas correctamente e coloca os recipientes separados entre si para evitar vibracións.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousar o conxelador durante, polo menos, 2 horas en posición vertical antes de conectalo. Comproba os datos da placa de características (220-240V con toma de terra) (1.3.1, 1.3.2).
Evita que o cable estea en contacto ou atrapado debaixo do motor.
1.4 Cambio de sentido de apertura da porta.
Desconecta o conxelador da rede eléctrica e baleirao completamente de contido.
Fai unha amosega para o cable no lado contrario, na zona indicada na carcasa (1.4.7). Monta de novo o portamandos pasando o cable pola amosega realizada (1.4.8).
Solta os parafusos da bisagra inferior e retíraa. Cambia a posición do eixo na bisagra e colócaa no lado oposto (1.4.9).
Coloca a porta (1.4.11).
Solta o tirador vertical e colócao no lado oposto da porta xirándoo 180° (1.4.10).
Coloca a cápsula de peche no espazo da bisagra superior do lado oposto (1.4.12). Preme o conector para enchufalo á porta (1.4.13).
Coloca a bisagra superior e o casquete de xiro introducindo o cable sobrante no portamandos (1.4.14) e coloca os parafusos (1.4.15).
Levanta o conxelador con coidado (1.4.16).
1.5 Nivelación do aparato. Axusta as patas de maneira que quede lixeiramente inclinado cara atrás, para facilita-lo correcto peche da porta (1.5.1). 1.6 Clase climática. Este conxelador foi deseñado para un funcionamento óptimo a unha temperatura ambiente de entre +10°C e +43°, clase climática SN-T, (1.3.2). Fóra destas temperaturas, pódense ver afectadas as prestacións do aparato.
2 Uso

2.1 Acendido do conxelador. Pulsa a tecla ① (2.1.1). Pulsa +, — ata visualizar un díxito na pantalla (2.1.2) ou xira o mando (2.1.3, 2.1.4). Nos modelos b c a pantalla e nos d e "on" iluminaranse para indicarche que o aparato está en funcionamento.
O mod a, bloquéase automaticamente, para desbloquear pulsa a tecla durante 3 segundos (2.3.7).
2.2 Selección de temperatura. Pulsa as teclas ♣ +, ♣ (2.2.1). Pulsa +, — (2.2.2), ou xira o mando (2.2.3, 2.2.4). Unha vez seleccionada a temperatura desexada, podes coñece-la temperatura real mediante os indicadores luminosos (2.2.7) ou pulsando durante 5 segundos as teclas ♣ +, ♣ — (2.2.5), ou +, — (2.2.6). A temperatura escintilará. O modelo c carece desta función.
Recomendación: A temperatura aconsellada para o seu refixerador é de -19. En caso de que queiras conxelar, a temperatura recomendada é -24.
Non esquezas que a temperatura do interior depende da temperatura ambiente, a situación e a frecuencia da apertura.
2.3 Funcións refrixeradoras.
Función ECO: A función ECO permite un substancial aforro de enerxía mantendo o conxelador a unha temperatura estable. Esta función continúa activada aínda despois dunha desconexión eléctrica. Cando esta función está activada, recoméndase gardar todos os alimentos nos estantes centrais. Para activar e desactivar, preme ECO (2.3.5, 2.3.6). Nos modelos b c a pantalla mostrará Ec mentres a función permaneza activada. Os modelos d e carecen desta función.
Función quick cooling: Introduce a botella ou botellas no conxelador e mantén premido ※ durante uns segundos ata visualizar a icona (2.3.7). O conxelador subministrará frío durante 15 minutos, pasado este tempo, a función estará rematada e escintilará activando unha alarma sonora durante 20 minutos que avisa que se debe retirar a botella para evitar que rebente. A alarma pode ser desactivada pulsando calquera tecla. Se esta función é interrompida por un corte de subministro eléctrico, ao seu regreso, a función considérase rematada e actívase o sinal sonoro.
Bloqueo: Indicada para evitar cambios accidentais na regulación do aparato ou o manexo por parte dos nenos. A pantalla mostrará a icona mentres estea bloqueada, preme (2.3.8) ou (2.3.9). A pantalla mostrará alternado coa visualización normal mentres a función permaneza activada. Os modelos de carecen desta función.
2.4 Distribución dos alimentos. A temperatura non é uniforme no interior do conxelador. Certas zonas son máis frías que outras. Os alimentos débense almacenar na zona apropiada para garantir a súa correcta conservación (2.4.1):
2.5 TWIST ICE. É un accesorio do teu conxelador polo cal xera ata 24 cubiños de xeo. Se o teu aparato dispón de Twist Ice, extrae o caixón dos cubiños de xeo (2.5.1). Enche de auga os espazos dos cubiños sen sobrepasar o seu nivel (2.5.2). Volve a colocar o caixón dos cubiños procurando non derramar a auga (2.5.3).
Despois de 2 horas, os cubiños de xeo estarán listos para o seu uso. Xira ambos topes repetidas veces ata que caian todos os cubiños de xeo (2.5.4, 2.5.5). Abre o caixón inferior para recollelos (2.5.6)
2.6 Apagado do conxelador. Pulsa ① durante 3 segundos ou pulsa — ata que non se visualice ningunha temperatura na pantalla
(2.6.1, 2.6.2) ou xira o mando ata a posición off (2.6.3, 2.6.4). Nos modelos b c a pantalla e en d e o led "on" apagaranse.
2.7 Recomendacións de uso.
- Non abras as portas máis tempo do necesario nin metas no conxelador alimentos quentes. Así, conseguirás un uso máis eficiente do teu conxelador e evitarás o aumento no consumo de enerxía.
- Se o teu conxelador é NO FROST, non obstruas as reixas de ventilación e deixa espazo entre os alimentos para que o aire circule entre eles.
- Non metas botellas con bebidas gaseosas ou de cristal que conteñan líquido no conxelador, xa que poden rebentar.
- Almacena os alimentos en recipientes herméticos para evitar que os alimentos se resequen.
- Non consumas xeados ou alimentos moi fríos, xa que poden producir queimaduras na boca.
- Para aproveitar ao máximo a capacidade do conxelador (2.4.1), pódense retirar do mesmo os cestos (5), os caixóns pequenos (4) e o Twist Ice (3). É imprescindible manter os cestos inferiores (6 e 7) e as tapas superiores (1 e 2) para que non se vexan alteradas as prestacións de consumo do aparato.
3
Mantemento e limpeza
3.1 Limpeza interior. Utiliza unha esponxa ou baeta empapada en auga con bicarbonato para limpar o interior e evitar a formación de olores.
É recomendable limpar a reixa traseira unha vez ao ano cunha aspiradora.
3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpaos a man con axuda dunha esponxa ou baeta.
Mantén os filtros esgotados e os recambios fóra do alcance dos nenos; inxerilos en grandes cantidades pode ser perigoso.
4
Diagnósticos

4.1 Porta aberta. En todos os modelos, salvo no 📔, se tes a porta aberta máis de 1 minuto, acéndese o sinal ⚠ e soará unha alarma (4.1.1, 4.1.2, 4.1.3). A alarma desconéctase ao pechar a porta.
Nos modelos, poden aparecer as seguintes indicacións nas pantallas:
SF Os alimentos non se desconxelaron, polo tanto, son seguros e pódense continuar conservando.
R1 Os alimentos desconxeláronse parcialmente e débense cociñar obrigatoriamente.
R2 Os alimentos desconxeláronse e non se poden consumir. Hai que tiralos.
4.3 Outras alarmas que poden aparecer son:
RR Púxose en marcha de forma automática un modo de salvagarda para garantir a conservación dos alimentos, pero é indispensable chamar ao servizo de asistencia técnica.

O conxelador ten unha peza que funciona incorrectamente, a conservación dos alimentos non corre perigo, pero é indispensable chamar ao servizo de asistencia técnica.
4.4 Ruídos normais no conxelador.
O teu conxelador pode emitir unha serie de ruídos que son normais no funcionamento e polos cales non te debes preocupar.
- O gas refrixerante pode producir un burbullo ao circular polos circuítos.
- O compresor pode producir zunidos e/ou un lixeiro golpeteo, sobre todo cando se pon en marcha.
- As dilatacións ou contraccións dos materiais utilizados poden producir estalos ou estralos.
- O aire que move o ventilador do conxelador pode xerar un pequeno ruído de fondo.

Non manipules o conxelador para intentar reparalo. Chama ao servizo de asistencia técnica.

Seguridade

- Mantén despexadas as reixas de ventilación.
- Ten precaución de non danar o circuíto de refrixeración.
- Non utilices aparatos eléctricos no interior do conxelador, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante.
- Non uses dispositivos mecánicos ou outros medios para acelerar o proceso de desconxelación distintos dos recomendados polo fabricante.
- Este aparato non está destinado a ser usado por persoas (incluídos nenos) cuxas capacidades físicas, sensoriais ou mentais estean reducidas ou carezan de experiencia ou coñecemento, agás se tiveron supervisión ou instrucións relativas ao uso do aparato por unha persoa responsable da súa seguridade. Os nenos deberán ser supervisados para asegurar que non xogan co aparato.
- Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo fabricante ou polo seu
servizo postvenda ou persoal similar cualificado co fin de evitar un perigo.

Incluso estando a pantalla apagada, o conxelador encontrase baixo tensión.

Medio ambiente

Este conxelador foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente.
Desconecta o conxelador para períodos prolongados de tempo nos que non vaias a facer uso do aparato. Reducira-lo consumo e aforrarás enerxía.
Evita mantene-las portas abertas durante máis tempo do necesario, xa que supón un aumento do custo enerxético.
Entrega o teu conxelador nun centro especial de recollida.
O reciclado de electrodomésticos evita consecuencias negativas para a saúde e o medio ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriche-lo conxelador.