FFK1674XW - Conxelador FAGOR - Manual de usuario gratuíto
Atopa gratuitamente o manual do dispositivo FFK1674XW FAGOR en formato PDF.
| Tipo de produto | Frigorífico |
| Marca | Fagor |
| Modelo | FFK1674XW |
| Dimensións (A x L x P) | 1770 x 560 x 550 mm (estimación) |
| Peso | 70 kg (estimación) |
| Alimentación eléctrica | 220-240 V, 50 Hz, toma de terra |
| Refrixerante | R600A (respectuoso co ambiente) |
| Clase climática | N-ST (estimación) |
| Temperatura recomendada do frigorífico | 4 °C |
| Función arrefriamento rápido | Activa a temperatura máis fría durante 6 horas |
| Función vacacións | Funciona a 9 °C para reducir o consumo |
| Bloqueo dos mandos | Si (premido prolongado de 3 segundos) |
| Alarma porta aberta | Activada despois de 1 minuto de apertura |
| Filtro de carbón | Substitución recomendada cada 6 meses |
| Xeadeira (accesorio) | Produce ata 20 xeados (5 bandexas) |
| Inversión do sentido de apertura da porta | Posible (instrucións detalladas no manual) |
| Iluminación interior | Lámpada E14, 220-240 V, 15/25 W |
| Limpeza interior | Con auga e bicarbonato, esponxa non abrasiva |
| Limpeza exterior | Pano suave, non usar vapor |
| Limpeza da grella traseira | Unha vez ao ano co aspirador |
| Instrucións de seguridade | Non danar o circuíto de refrixeración; non usar aparellos eléctricos non recomendados |
| Reparabilidade | Pezas de recambio dispoñibles (lámpada, filtro de carbón); contactar co servizo posvenda |
Preguntas frecuentes - FFK1674XW FAGOR
Preguntas dos usuarios sobre FFK1674XW FAGOR
0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.
Facer unha nova pregunta sobre este aparello
Descarga as instrucións para o teu Conxelador en formato PDF de balde! Atopa o teu manual FFK1674XW - FAGOR e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. FFK1674XW da marca FAGOR.
MANUAL DE USUARIO FFK1674XW FAGOR
4.3 Ruídos normais no frigorífi co.
Manual de instrucións
Identifi ca o modelo do teu frigorífi co ("a", "b", "c") comparando o panel de mandos coas ilustracións.
1
Instalación

1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección.
1.2 Situación. ca o frigorífico lonxe de fontes de calor e protexido dos raios directos do sol para diminuí-lo consumo.
Non instále-lo frigorífi co ó aire libre nin exposto á chuvia.
O aire debe circular pola parte traseira do frigorífi co. Deixa 25 mm entre o fondo do frigorífi co e a parte traseira. Non tapóne-lo espazo existente entre o teu frigorífi co e o chan ou o teito con ningún obxecto.
Nivela o frigorífi co para evitar vibracíóns e ruídos. Ten en conta que, se o frigorífi co está situado xunto á parede ou algún armario, pode producir pequenos ruídos.
Así mesmo, comproba que as bandexas están colocadas correctamente e coloca os recipientes separados entre si para evitar vibracions.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousalo frigorífico durante, polo menos, 2 horas en posición vertical antes de conectalo. Comproba os datos da placa de características (220-240V con toma de terra) (1.3.1, 1.3.2).
Evita que o cable estea en contacto ou atrapado debaixo do motor.
Fai unha amosega para o cable no lado contrario, na zona indicada na carcasa (1.4.7). Monta de novo o portamandos pasando o cable pola amosega realizada (1.4.8).
Solta os parafusos da bisagra inferior e retíraa. Cambia a posición do eixo na bisagra e colócaa no lado oposto (1.4.9).
Solta o tirador vertical e colócao no lado oposto da porta xirándoo 180° (1.4.10).
Coloca a porta (1.4.11).
Coloca a cápsula de peche no espazo da bisagra superior do lado oposto (1.4.12). Preme o conector para enchufalo á porta (1.4.13).
Coloca a bisagra superior e o casquete de xiro introducindo o cable sobrante no portamandos (1.4.14) e coloca os parafusos (1.4.15).
2.2 Selección de temperatura. Pulsa as teclas T° +, T(2.2.1). Pulsa +, — (2.2.2), ou xira o mando (2.2.3). Unha vez seleccionada a temperatura desexada, podes coñecela temperatura real pulsando durante 5 segundos as teclas T° +, T(2.2.4), + ou — (2.2.5). A temperatura escintilará. O modelo c carece desta función.
Recomendación: A temperatura aconsellada para o seu refixerador é de É recomendable mantelo sempre entre 1 e 9 grados.
Non esquezas que a temperatura do interior depende da temperatura ambiente, a situación e a frecuencia da apertura.
2.3 Funcións refixerador.
2.4 Distribución dos alimentos. A temperatura non é uniforme no interior do frigorífi co. Certas zonas son máis frías que outras. Os alimentos débense almacenar na zona apropiada para garanti-la súa correcta conservación (2.4.1):
2.5 ICE MAKER. É un accesorio do teu refixerador que pode xerar ata 20 cubiños de xeo. Se dispós de Ice maker, extráeo da cuba do refixerador (2.5.1). Extrae cada unha das 5 cubertas interiores (2.5.2) e éncheas de auga (2.5.3). Volve a coloca-las cubertas intentando non derrama-la auga (2.5.4). Coloca con coidado o teu Ice maker na cuba do refixerador (2.5.5). Despois de 24 horas, os cubiños de xeo estarán listos para o seu uso.
2.6 Apagado do frigorífico. Pulsa① durante 3 segundos ou pulsa — ata que non se visualice ninguna temperatura na pantalla (2.6.1, 2.6.2) ou xira o mando ata a posición off (2.6.3). Nos modelos b, c o led "on" apagarase.
2.7 Recomendacións de uso.
- Manten desconectado o ventilador para un maior aforro enerxético (2.7.1).
- Non ábra-las portas máis tempo do necesario. Así, conseguirás un uso máis efi ciente do teu frigorífico e evitara-lo aumento no consumo de enerxía.
- Almacena os alimentos en recipientes herméticos para evitar que os alimentos se resequen.
3
Mantemento e limpeza

3.1 Limpeza interior. Utiliza unha esponxa ou baeta empapada en auga con bicarbonato ó limpa-lo interior para evita-la formación de olores.
É recomendable limpa-la reixa traseira unha vez ó ano cunha aspiradora.
3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpaos a man con axuda dunha esponxa ou baeta.
3.4 Cambio de lámpada. No caso de que se funda a lámpada: Desconecta o frigorífi co. Retira a cuberta premendo a pestana (3.4.1) e extrae a lámpada estragada (3.4.2). Substitúea por outra do mesmo tipo de rosca, E14, 220-240V, 15/25W ou segundo a indicación de luminaria.
3.5 Cambio de fi Itro de carbono. O frigorífico pode incorporar un fi Itro de carbono que absorbe os olores estraños de certos alimentos e retén os microorganismos (fungos e bacterias) do aire en circulación.
O fi ltro mantén as súas propiedades durante un tempo limitado de 6 meses. Pasado este tempo, recomendase cambialo por un novo. A súa situación varía en función do modelo.
Para activa-lo fi Itro: Preme a pestana e retira a cuberta para acceder ó fi Itro (3.5.1). Separa o fi Itro esgotado da tapa (3.5.2). Retira os precintos do fi Itro novo (3.5.3).
Prema o visor BIOFILTER ata escoitar un leve estalo (3.5.4) e, en poucos segundos, a escala de duración empezarase a colorear. Coloca o fi ltro na súa situación orixinal.
Manten os fi ltros esgotados e os recambios fóra do alcance dos nenos; inxerilo en grandes cantidades pode ser perigoso.
Non mólle-lo fi Itro, xa que perde tódalas súas propiedades.

Diagnósticos

4.1 Porta aberta. Se te-la porta aberta máis de 1 minutos, acéndese o sinal ⚠️, soa unha alarma e apágase a luz do refixerador (4.1.1, 4.1.2). A alarma desconéctase ó pecha-la porta.
4.3 Ruídos normais no frigorífico.
O teu frigorífi co pode emitir unha serie de ruídos que son normais no funcionamento e polos cales non te debes preocupar.
- O gas refixerante pode producir un burbulleo ó circular polos circuitos.
- O compresor pode producir zunidos e/ou un lixeiro golpeteo, sobre todo cando se pon en marcha.
- As dilatacións ou contraccións dos materiais utilizados poden producir estalos ou estralos.
- O aire que move o ventilador do conxelador pode xerar un pequeno ruído de fondo.
- Ten precaución de non dana-lo circuito de refixeración.
- Non utilices aparatos eléctricos no interior do frigorífi co, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante.
- Non uses dispositivos mecánicos ou outros medios para acelera-lo proceso de desconxelación distintos dos recomendados polo fabricante.
- Este aparato non está destinado a ser usado por persoas (incluídos nenos) cuxas capacidades físicas, sensoriais ou mentais estean reducidas ou carezan de experiencia ou coñecemento, agás se tiveron supervisión ou instrucíos relativas ó uso do aparato por unha persona responsable da súa seguridade. Os nenos deberán ser supervisados para asegurar que non xogan co aparato.
- Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo fabricante ou polo seu servizo postvenda ou persoal similar cualifi cado co fi n de evitar un perigo.

Medio ambiente

Este frigorífi co foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente.
Desconecta o refrixerador ou activa a función vacacíons para períodos prolongados de tempo nos que non vaias a facer uso do aparato. Reducira-lo consumo e aforrarás enerxía.
Evita mantene-las portas abertas durante máis tempo do necesario, xa que supón un aumento do custo enerxético.
Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriche-lo frigorífico.