FFK462X - Conxelador FAGOR - Manual de usuario gratuíto
Atopa gratuitamente o manual do dispositivo FFK462X FAGOR en formato PDF.
| Tipo de produto | Frigorífico combinado con conxelador |
| Marca | Fagor |
| Modelo | FFK462X |
| Alimentación eléctrica | 220-240 V, toma de terra |
| Refrixerante | R600A |
| Temperatura ambiente de funcionamento | 10 °C a 43 °C |
| Temperatura recomendada do frigorífico | 4 °C |
| Temperatura recomendada do conxelador | -19 °C (alimentos conxelados), -24 °C (conxelación) |
| Lámpada interior | E14, 220-240 V, 15/25 W |
| Filtro de carbón | Vida útil 6 meses, substituíble |
| Humidificador H.D. | Opcional, depósito con vaso vertedor |
| Función arrefriamento rápido (frigorífico) | 6 horas |
| Función arrefriamento rápido (conxelador) | 52 horas (activar 24 h antes) |
| Función vacacións | Reduce o consumo, conxelador activo |
| Función ECO | Aforro de enerxía, temperatura estable |
| Función quick cooling | 15 minutos para bebidas |
| Alarma porta aberta | Despois de 2 minutos, desactivación pechando a porta |
| Alarma temperatura anormal | Luminosa e sonora, desactivación manual |
| Cambio de sentido de abertura de porta | Si, procedemento descrito no manual |
| Limpeza interior | Auga e bicarbonato, non limpador de vapor |
| Limpeza da grella traseira | Aspirador unha vez ao ano |
Preguntas frecuentes - FFK462X FAGOR
Preguntas dos usuarios sobre FFK462X FAGOR
0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.
Facer unha nova pregunta sobre este aparello
Descarga as instrucións para o teu Conxelador en formato PDF de balde! Atopa o teu manual FFK462X - FAGOR e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. FFK462X da marca FAGOR.
MANUAL DE USUARIO FFK462X FAGOR
4.4 Ruídos normais no frigorífico.
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu frigorífico.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.

Identificación
Identifica o modelo do teu frigorífico ("a", "b", "c", "d") comparando o panel de mandos coas ilustracións.
1
Instalación

1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección. 1.2 Ubicación. Coloca o frigorífico lonxe de fontes de calor e protexido de raios directos do sol para diminuí-lo consumo.
Non instálese o frigorífico ó aire libre nin exposto á choiva.
O aire debe circular pola parte traseira do frigorífico. Deixa 25 mm entre o fondo do frigorífico e a parede. Non tapes o espazo existente entre o teu frigorífico e o chan ou o teito con ningún obxecto.
Nivela o frigorífico para evitar vibracións e ruídos. Ten en conta que, se o frigorífico está situado onda a parede ou algún armario, pode producir pequenos ruídos.
Así mesmo, comproba que as bandexas estean colocadas correctamente e coloca os recipientes separados entre si para evitar vibracións.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousa-lo frigorífico durante, polo menos, 2 horas en posición vertical antes de conectalo. Comproba os datos da placa de características (220-240 V con toma de terra) (1.3.1, 1.3.2).
Non uses adaptadores nin prolongadores.
Evita que o cable estea en contacto co motor ou atrapado baixo o mesmo.
1.4 Cambio de sentido de apertura da porta.
Desconecta o frigorífico da rede eléctrica e baleira o contido da contraporta.
Solta os parafusos (1.4.1) e extrae a bisagra superior e o casquete de xiro axudándote co desaparafusador (1.4.2).
Desenchufa presionando a pestana do conector (1.4.3). Retira a porta do refrixerador (1.4.4). Extrae o portamandos facendo panca nas amosegas destinadas a iso coa axuda dun desaparafusador (1.4.5).
Fai unha amosega para o cable no lado contrario, na zona indicada na carcasa (1.4.6). Monta de novo o portamandos pasando o cable pola amosega realizada (1.4.7).
Retira a cuberta dos parafusos da bisagra central, solta os parafusos e retira a bisagra (1.4.8). Despraza a porta do conxelador cara arriba (1.4.9).
Solta os parafusos da bisagra inferior e retíraa. Cambia a posición do eixe na bisagra e colócaa no lado oposto (1.4.10).
Coloca o tirador inferior do conxelador na porta do refrixerador e o tirador inferior do refrixerador na do conxelador, xirados 180°. Coloca os tiradores verticais no seu lado oposto xirándoos 180° (1.4.11).
Xira os autopeches e coloca o do refrixerador no conxelador e viceversa (1.4.12).
Coloca a porta do conxelador (1.4.13) e aparafusa a bisagra central (1.4.14). Coloca a porta do refrixerador (1.4.15).
Coloca a cápsula de peche no espazo da bisagra superior do lado oposto (1.4.16). Aperta o conector para enchufalo á porta (1.4.17).
Coloca a bisagra superior e o casquete de xiro introducindo o cable sobrante no portamandos (1.4.18) e coloca os parafusos (1.4.19).
2 Uso

2.1 Acendido do frigorífico. Xira o mando (2.1.1). Pulsa + ou — ata que visualices un díxito na pantalla (2.1.2). Ou pulsa ① (2.1.3). Os modelos b bloquéanse automaticamente. Para desbloquear, pulsa calquera tecla durante 3 segundos. 2.2 Selección do recinto. Nos modelos b c d o recinto refrixerador e o recinto conxelador funcionan de forma independente. No modelo a os dous recintos funcionan de maneira conxunta. 2.3 Selección de temperatura. Xira o mando (2.3.1). Pulsa as teclas +, -, primeiro, do recinto conxelador e, despois, do recinto refrixerador (2.3.2) ou pulsa T° para o recinto conxelador e T° para o recinto refrixerador (2.3.3, 2.3.4).
Unha vez seleccionada a temperatura nos modelos b, c e d, podes coñecer a temperatura real pulsando, durante 5 segundos, as teclas + ou — (2.3.5), T° ou T° (2.3.6) do recinto desexado. A temperatura do recinto escintilará.
Recomendación: Temperatura aconsellada do recinto refrixerador 4 e do recinto conxelador para alimentos xa conxelados. No caso de que queiras conxelar, a temperatura recomendada é -24.
2.4 Funcións do refrixerador.
Función arrefriamento rápido: Esta función activa o refrixerador á temperatura máis fría durante 6 horas. Recoméndase activala cando introduzas no refrixerador unha gran cantidade de alimentos. Para activar e desactivar: Pulsa SUPER (2.4.1) ou ✕ (2.4.2). O modelo 📄 carece desta función.
Función vacacións: A función vacacións é moi útil cando non vas usar o refrixerador nun longo período de tempo, pero queres conservar alimentos no conxelador. Con esta función, o teu frigorífico manterá moi baixo o consumo e non xerará cheiros no seu interior. O modelo a carece desta función.
Advertencia: Para iso, a porta do frigorífico debe estar pechada.
Para activar e desactivar: Pulsa as teclas +, — ata visualizar na pantalla (2.4.3) ou ✕ durante 3 segundos (2.4.4) ata visualizar . Para desactivar, repite a operación. Algúns modelos permiten un apagado do recinto refrixerador. Pulsa as teclas + ou — (2.4.5) ou T (2.4.6), ata que non se visualice ningún díxito.
2.5 Funcións do conxelador.
Función arrefriamento rápido: Esta función activa o conxelador á temperatura máis fría durante 52 horas. Recoméndase activala 24 horas antes de introducir no conxelador unha grande cantidade de comida. No modelo desactívase 24 horas despois.
Para activar e desactivar: Pulsa SUPER (2.5.1, 2.5.2) ou ✦ (2.5.3).
Función quick cooling: Introduce a botella ou botellas no conxelador e mantén pulsado ✦ durante uns segundos ata visualizar a icona (2.5.4). O conxelador subministrará frío durante 15 minutos; pasado este tempo, a función terminará e escintilará activando unha alarma sonora durante 20 minutos. A alarma pode ser desactivada pulsando calquera tecla. Se esta función é interrompida por un corte de subministro eléctrico, ao seu regreso, a función considérase rematada e actívase o sinal sonoro.
Función ECO: A función ECO permite un substancial aforro de enerxía mantendo o conxelador a unha temperatura estable. Esta función continúa activada aínda despois dunha desconexión eléctrica.
Conexión/desconexión do conxelador:
Xira o mando ata a posición ON-OFF (2.5.6). Pulsa a tecla + ou — ata que non visualices ningunha temperatura na pantalla (2.5.7) ou pulsa ① durante 3 segundos (2.5.8). Ao apagar o conxelador, apagarase tamén o recinto refrixerador.
2.6 Recomendacións de uso.
- Mantén desconectado o ventilador para un maior aforro enerxético (2.6.1).
- Non abras as portas máis tempo do necesario nin metas no frigorífico alimentos quentes. Así, conseguirás un uso máis eficiente do teu frigorífico
e evitarás o aumento do consumo de enerxía.
- Se o teu frigorífico é NO FROST, non obstruas as reixas de ventilación e deixa espazo entre os alimentos para que o aire circule entre eles.
- Non introduzas no conxelador botellas con bebidas gaseosas ou botellas de cristal que conteñan líquido, xa que poden reventar.
- Almacena os alimentos en recipientes herméticos para evitar que os alimentos se resequen.
- Non consumas xeados ou alimentos moi fríos, xa que poden producir queimaduras na boca.
3
Mantemento e limpeza

3.1 Limpeza interior. Ao limpar o interior, utiliza unha esponxa ou baeta empapada en auga con bicarbonato para evitar a formación de olores.
É recomendable limpar a reixa traseira unha vez ao ano cunha aspiradora.
3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpaos á man coa axuda dunha esponxa ou baeta.
3.4 Cambio de lámpada. En caso de que se funda a lámpada: Desconecta o frigorífico. Retira a cuberta premendo a pestana (3.4.1, 3.4.3) e extrae a lámpada estragada (3.4.2, 3.4.4). Substitúea por outra do mesmo tipo de rosca, E14, 220-240 V, 15/25 W ou segundo indicación das luces.
3.5 Cambio de filtro de carbono. O frigorífico pode incorporar un filtro de carbono que absorbe os cheiros estraños de certos alimentos e retén os microorganismos (fungos e bacterias) do aire en circulación.
O filtro mantén as súas propiedades durante un tempo limitado de 6 meses. Pasado este tempo, recoméndase cambiar por un novo. A súa ubicación varía en función do modelo.
Para activar o filtro: preme a pestana e retira
a cuberta para acceder ao filtro (3.5.1, 3.5.3). Separa o filtro da tapa (3.5.2, 3.5.4) e retira os precintos (3.5.5).
Preme o visor BIOFILTER ata escoitar un leve estalo (3.5.6) e, en poucos segundos, a escala de duración empezarase a colorear. Coloca o filtro na súa ubicación orixinal.

Mantén os filtros esgotados e os recambios fóra do alcance dos nenos; inxerilo en grandes cantidades pode ser perigoso.
Non molles o filtro, xa que perderá todas as súas propiedades.
3.6 S.P.A. salus per aquam (opcional)
O teu frigorífico pode incorporar o accesorio S.P.A., que serve para manter un nivel constante de humidade no recinto portaverdura e, así, evitar que se resequen os alimentos.
Sitúase na xunta de separación do caixón portaverduras (3.6.1). Componse dun depósito cun vaso vertedor e un nivel indicativo de enchido. Cando o S.P.A. necesite auga, o nivel baixará ata ocultarse. Extrae o vaso (3.6.2) e verte unha medida (3.6.3). O nivel pode tardar un pouco en subir.
Recoméndase cambiar o filtro cada 2 anos (3.6.4).

Diagnósticos

4.1 Porta aberta. Se mantés a porta aberta máis de 2 minutos, soará unha alarma e apagarase a luz do refrixerador. A alarma desconéctase ao pechar a porta.
4.2 Frío insuficiente no conxelador.
- Cando a temperatura do conxelador sexa anormalmente alta, aparecerá unha alarma luminosa (4.2.1) ou a icona ▲ (4.2.2) escintilante e activarase, á súa vez, un sinal acústico intermitente. Pulsa SUPER (4.2.3) ou Ⓐ (4.2.4) para desactivar de forma manual o sinal acústico.
- Cando conectes por primeira vez o aparello, aparecerá a icona e a alarma luminosa estará activada, pero non soará a alarma.
4.4 Ruídos normais no frigorífico
O teu frigorífico pode emitir unha serie de ruídos que son normais durante o seu funcionamento e polos que non te debes preocupar.
- O gas refrixerante pode producir un borboteo ao circular polos circuítos.
- O compresor pode producir zunidos e/ou un lixeiro golpeteo, sobre todo, cando se pon en marcha.
- As dilatacións ou contraccións dos materiais utilizados poden producir estalos ou estralos.
- O aire que move o ventilador do conxelador pode xerar un pequeno ruído de fondo.

- Mantén despexadas as reixas de ventilación.
- Ten coidado de non danar o circuíto de refrixeración.
- Non utilices aparatos eléctricos no interior do frigorífico, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante.
- Non uses dispositivos mecánicos ou outros medios distintos dos recomendados polo fabricante para acelerar o proceso de desconxelación.
- Este aparato non está destinado ao uso por parte de persoas (incluídos nenos) cuxas capacidades físicas, sensoriais ou mentais estean reducidas ou que carezan de experiencia ou coñecemento, excepto baixo supervisión ou despois de recibir instrucións relativas ao uso do aparato dunha persoa responsable da súa seguridade. Deberase supervisar o seu uso por parte dos nenos para evitar que xoguen co aparato.
- Se o cable de alimentación está danado, débese substituír polo fabricante ou polo seu servizo posvenda ou persoal similar cualificado co fin de evitar situacións perigosas.

Medio ambiente

Este frigorífico foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente.
Desconecta o refrixerador ou activa a función de vacacións para períodos prolongados de tempo nos que non vaias facer uso do aparato. Reducirás o consumo e aforrarás enerxía.
Evita manter as portas abertas durante máis tempo do necesario, xa que supón un aumento do gasto enerxético.
Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriches o frigorífico.