VFI400 I - Cociña FAGOR - Manual de usuario gratuíto
Atopa gratuitamente o manual do dispositivo VFI400 I FAGOR en formato PDF.
| Tipo de produto | Cociña vitrocerámica |
| Marca | Fagor |
| Modelo | VFI400 I |
| Número de lumes | 4 (incluídos lumes dobre, triplo e prato grande) |
| Potencia total | 6,8 kW (para modelo de 60 cm) |
| Tensión de alimentación | 220-240 V ~ / 380-415 V (segundo configuración) |
| Funcións principais | Quecemento rápido, temporizador programable, seguridade infantil, indicador de calor residual |
| Tipo de mandos | Mandos táctiles con barra de selección e teclas +/– |
| Material da superficie | Vitrocerámica |
| Mantemento e limpeza | Limpeza após arrefriamento con pano húmido e auga xabonosa; racla especial para sucidade queimada; produto VITROCLEN recomendado |
| Seguridade | Parada automática en caso de derrame ou obxecto nas teclas, limitador de temperatura, bloqueo infantil, cortacircuíto omnipolar obrigatorio |
| Dimensións (encastre) | Aproximadamente 60 cm de ancho (estándar) – consultar o esquema de instalación |
| Peso | Aproximadamente 6 kg (estimación) |
| Conexión eléctrica | Cable de 5 fíos proporcionado (azul escuro, azul claro, marrón, vermello, verde-amarelo) |
| Peazas de recambio e reparabilidade | Substituír o cable danado só polo fabricante ou o seu SAT; vitrocerámica rachada a substituír polo SAT |
| Información xeral | Conforme ás Directivas Europeas 73/23/CEE e 89/336/CEE; instalación por instalador autorizado |
Preguntas frecuentes - VFI400 I FAGOR
Preguntas dos usuarios sobre VFI400 I FAGOR
0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.
Facer unha nova pregunta sobre este aparello
Descarga as instrucións para o teu Cociña en formato PDF de balde! Atopa o teu manual VFI400 I - FAGOR e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. VFI400 I da marca FAGOR.
MANUAL DE USUARIO VFI400 I FAGOR
Manual de instrucións
1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección.
1.2 Encaixe no moble. Ten sempre en conta os datos da placa de características (1.2.1) e as medidas do moble no que se vai a encaixar a placa (1.2.2, 1.2.3). Se non vas colocar o forno debaixo da placa, debes instalar unha táboa protectora segundo as medidas indicadas (1.2.4). Pega a xunta de espuma ó longo do contorno exterior da placa para lograr unha boa fixación (1.2.5). Dálle a volta á placa e introdúcea no oco (1.2.6). Suxéitaa ó moble cos catro enganches proporcionados (1.2.7). Non utilice materiais non removibles coma a silicona.
1.3 Conexión á rede eléctrica. A placa proporciónase con cable de alimentación.
- Se o tipo de conexión é distinto a 220-240V~, retira o cable e realiza a conexión segundo os esquemas (1.3.3, 1.3.4).
| 220-240V 3~ Int. nominal por fases |
| Placa de 60 cm 14 A |
| Placa >60cm 16,5 A |
| 380-415V 3N~ Int. nominal por fases | |
| Placa de 60 cm | 11 A |
| Placa >60cm | 13 A |
| 380-415V 2N~ Int. nominal por fases | |
| Placa de 60 cm | 16 A |
| Placa >60cm | 19 A |
Este aparato é conforme ás directivas europeas 73/23/CEE e 89/336/CEE
Recomendación: A instalación da placa débese efectuar por un instalador autorizado, que seguirá as instrucións e esquemas do fabricante.

Con vitrocerámica son válidos os recipientes de barro, cobre ou inoxidable. Os de aluminio non son aconsellables porque poden formar manchas sobre o vidro da placa.
2.1 Selección da zona de cocción. Dispós de varios focos para colocar os recipientes. Elixe o máis axeitado en función do tamaño do recipiente.
2.2 Acendido da placa. Pulsa durante 3 segundos para acender a placa, actívanse os das distintas zonas de cocción.
Nota: Se tardas máis de cinco segundos en seleccionar o foco, a placa apágase automaticamente, como medida de seguridade.
2.4 Selección da potencia. Axústa deslizando o dedo pola barra (2.4.1) ou pulsando + ou — (2.4.2, 2.4.3).
FOCOS ESPECIAIS
2.5 Foco dobre, foco triple. Despois de seleccionar a potencia, pulsa 📋, 📋 e accionarase o foco dobre (2.5.1; 2.5.3). Se pulsas de novo 📋 (2.5.2) ou 📋 (2.5.4) accionarase o foco triple. Para anular, pulsa ( 📋, 📋, 📋, 📋).
2.6 Foco fonte. Este foco pódelo utilizar de forma circular ou de forma conxunta, coma foco fonte. Pulsa para activalo e púlsao de novo para desactivalo.
Recomendación: nos modelos con focos halóxenos, a luz é tan intensa que se aconsella non mirar fixamente cando está en funcionamento sen o recipiente.
FUNCIÓNS DE TEMPO
2.7 Posta en hora Ⓛ. Ao conectar a placa, os díxitos do reloxo escintilan e marcan as 12.00 (2.7.1). Axusta a hora coas teclas +, - (2.7.2). Realiza a mesma operación cada vez que se desconecte ou haxa un corte de subministro eléctrico.
Para cambiar a hora pulsa durante cinco segundos a tecla (2.7.3). A hora empezará a escintilar e oirás un asubío, axústaa coas teclas +, —
Modelos dfghkmo: Unha vez activado un foco e seleccionada a potencia, pulsa a tecla + sobre o reloxo. Aparece 00 e unha t en cada foco (2.8.6). Pulsa + do foco que se vai temporizar e t escintilará (2.8.7). Selecciona o tempo con +, -
Nota: O temporizador apagarase automaticamente se tardas máis de 10 segundos en seleccionar o tempo.
Modelos e: Unha vez activado un foco e seleccionada a potencia, pulsa de novo a tecla de selección do foco que se vai temporizar, aparece unha. (2.8.11). Selecciona o tempo con +, - (2.8.12) e valídao pulsando de novo a tecla do foco temporizado (2.8.13). A potencia visualizarase cun punto que indica que o foco está temporizado. Un sinal acústico e unha indicación - advirten que o tempo concluíu (2.8.14). Pulsa calquera tecla e o sinal acústico desaparecerá.
Nota: O temporizador apagarase automaticamente se tardas máis de 10 segundos en seleccionar o tempo.
Consideracións sobre a temporización: Se o nivel de potencia é 9, o máximo tempo que se vai temporizar será de 60 min. Se é distinto, o máximo poderá ser 99 min.
Unha vez concluído o tempo, a alarma soará mentres non pulses ningunha tecla.
Modelos abc: Activa un foco e leva a barra á máxima potencia. Pulsa ||D> e aparece unha R no display do foco seleccionado (2.9.1). Tes cinco segundos para seleccionar o nivel desexado, recoméndase que estea entre os niveis 3 e 6 (2.9.2). Tras cinco segundos, o quentamento rápido queda validado e visualizarase R e a potencia de forma alternativa. Alcanzada a temperatura máxima, desaparece R quedando a potencia de mantemento. O foco seguirá funcionando de forma convencional. Se desexas cancelar o quentamento rápido pulsa a icona do foco programado e selecciona unha nova potencia.
Modelos dfghjklmo: Selecciona un foco e pono á máxima potencia pulsando + ata visualizar un 9 e un punto 9. (2.9.3). Regula a potencia pulsando —, recoméndanse os niveis 3 a 6 (2.9.4). Tras cinco segundos, o quentamento rápido queda validado e visualizarase a potencia seguida dun punto (2.9.5). Alcanzada a temperatura máxima, o punto decimal desaparece e o foco seguirá funcionando de forma convencional. Para cancelar a función, pulsa a tecla do foco programado e selecciona unha nova potencia.
2.10 Vitros con mandos. Asegúrate de que o foco que vas a accionar corresponde ó foco que queres utilizar (2.10.1). Xira o mando á posición desexada e acenderase o piloto de funcionamento (2.10.2) que tamén sinala a calor residual cando o foco se apaga.
Nos modelos con foco dobre ou foco fonte, xirando o mando á esquerda, regúlase unha parte do foco e xirando o mando á dereita, regúlase o foco enteiro (2.10.3).
2.11 Apagado do foco. Selecciona a potencia do foco que desexas apagar.
2.12 Calor residual. Despois de utilizar a placa, os focos mantéñense quentes por un tempo que varía en función da potencia seleccionada e visualízase unha H ou un punto nos focos aínda quentes. Non toques eses focos, existe risco de queimarse.
2.13 Función bloqueo. Para evitar manipulacións por parte dos nenos. Mantén pulsada a tecla durante 3 segundos e activarase o bloqueo. Para desbloquealo, repite a operación.
Recomendacións:
- Os recipientes de aluminio non son aconsellables, pois poderían formar manchas sobre o vidro, a non ser que teñan fondo con protección de aceiro inoxidable.
- Os focos de calor non deben funcionar sen recipiente.
- A base do recipiente debe ser plana e estar seca.
- Coida que os diámetros dos recipientes sexan maiores ou iguais ó foco que se vai a utilizar e centrao sobre o foco de calor.
- Procura non mover os recipientes, podería raiarse o vidro.
- Utiliza o aparato só para a preparación de alimentos. Non utilices a placa coma mesa de traballo.
- Non vertas auga fría directamente na placa cando estea quente.
Atención: O funcionamento descontinuo das zonas de cocción non é unha avaría. Funcionan en períodos de acendido e apagado máis ou menos longos en función da potencia desexada.
3
Mantemento e limpeza

• Non utilices un limpador de vapor. - Limpa a miúdo a superficie da túa placa cando xa estea fría. Non utilices produtos ou esponxas abrasivas. Limpa cun pano húmido e auga xabonosa (3.1.1). - Unha vez á semana, limpa en profundidade con produtos específicos para vitrocerámicas. Recomendámosche VITRO-CLEN para a limpeza e conservación da túa vitrocerámica. - As sucidades fortemente adheridas elimínanse coa raspa de vidro (3.1.2). - Se por descoido se queima azucre, elementos azucrados ou plástico sobre a placa, elimínaos canto antes cunha raspa aínda en quente. De non facelo, poden quedar manchas permanentes. - Utiliza a coitela da raspa en perfecto estado, substitúea no caso de que presente algún deterioro.
Seguridade

- O circuito da rede que alimenta a placa debe ter un interruptor de corte omnipolar de, polo menos, 3 mm de separación entre contactos.
- A instalación da placa debe efectuala un instalador autorizado que seguirá as instrucións e esquemas dos fabricantes.
- A instalación debe estar dimensionada á potencia máxima indicada na placa de características e a toma de corrente con toma de terra reglamentaria.
- Se o cable está danado, debe ser substituído polo servizo postvenda ou persoal cualificado similar, co fin de evitar un perigo.
- O foco está equipado cun limitador de temperatura interior que desconecta o foco en caso de que a placa se quente excesivamente.
- Despois de cada utilización, desconecta o foco mediante o seu control.
- Se a superficie do vidro se fende ou rompe, desconecta de inmediato o aparato da rede para evitar un posible choque eléctrico. Non utilices a placa ata cambiar o vidro (4.1.1).
- No caso de desbordamento sobre as teclas de mando, a placa párase e emite un sinal acústico (4.1.2).
- Se mantés pulsado algún sensor demasiado tempo ou hai algún obxecto activando os sensores, a placa párase e emite un sinal acústico (4.1.3).
- Non coloques recipientes co fondo quente sobre os sensores, podes queimarte ao pulsalos (4.1.3).
- Mantén afastados os nenos pequenos, as superficies de quentamento pódense quentar fortemente durante o seu funcionamento. Utiliza o sistema de bloqueo para evitar que poidan xogar cos mandos.
- Este aparato non está destinado a ser utilizado por persoas con capacidades reducidas.
- Permanece sempre nas inmediacións ao cociñar pratos ou alimentos con graxa ou aceite. A calor excesiva pode facer que se inflamen.
- Se a placa está instalada por riba dun caixón, non se deberán gardar obxectos inflamables.
5
Medio ambiente

A placa foi deseñada pensando na conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente. Utiliza as potencias adecuadas para cada cocción e selecciona os recipientes de tamaño adecuado ás cantidades de alimento que se vaian a preparar. Cando o fondo do recipiente e o diámetro da zona de cocción teñen o mesmo tamaño, a transmisión de calor é óptima. Ó termina-la cocción, se o desexas, deixa o recipiente no mesmo lugar para utiliza-la calor residual acumulada. Deste xeito, aforrarás enerxía.
Utiliza unha tapa sempre que poidas para reducir a perda de calor por evaporación.
Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriches a placa.