FAGOR FIM6725 - Conxelador

FIM6725 - Conxelador FAGOR - Manual de usuario gratuíto

Atopa gratuitamente o manual do dispositivo FIM6725 FAGOR en formato PDF.

📄 74 páxinas Galego GL Descargar 💬 Pregunta IA
Notice FAGOR FIM6725 - page 67
Pick your language and provide your email: we'll send you a specifically translated version.

Preguntas dos usuarios sobre FIM6725 FAGOR

0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.

Facer unha nova pregunta sobre este aparello

O correo electrónico permanece privado: utilízase só para avisarche se alguén responde á túa pregunta.

Aínda non hai preguntas. Sé o primeiro en facer unha.

Descarga as instrucións para o teu Conxelador en formato PDF de balde! Atopa o teu manual FIM6725 - FAGOR e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. FIM6725 da marca FAGOR.

MANUAL DE USUARIO FIM6725 FAGOR

4.4 Ruídos normais no frigorífi co

Manual de instrucións

Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu frigorífico.

Identifi ca o modelo do teu frigorífico ("a", "b") comparando o panel de mandos coas ilustracións.

1

Instalación

FAGOR FIM6725 - Manual de instrucións - 1

1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección.
1.2 Ubicación. Coloca o frigorífico lonxe de fontes de calor e protexido dos raios directos do sol para diminuí-lo consumo.

Non instále-lo frigorífi co ó aire libre nin exposto á choiva.

Comproba que as bandexas estean colocadas correctamente e coloca os recipientes separados entre si para evitar vibracions.

1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousa-lo frigorífi co durante, polo menos, 2 horas en posición vertical antes de conectalo. Comproba os datos da placa de características (220-240V con toma de terra) (1.3.1, 1.3.2).

No uses adaptadores nin extensións.

Evita que o cable estea en contacto co motor ou atrapado baixo o mesmo.

2

Uso

FAGOR FIM6725 - Manual de instrucións - 2

2.1 Acendido do frigorífico. Pulsa as teclas + ou — ata que visualices un díxito no display (2.1.1).
2.2 Selección do recinto. Nos frigorífí cos combinados, o recinto refixerador 📄 e o recinto conxelador 📋 funcionan de forma independente.

2.3 Selección de temperatura. Pulsa as teclas +, —primeiro, do recinto conxelador 📄 e, despois, do recinto refixerador 📄 (2.3.1).

Unha vez seleccionada a temperatura, podes coñece-la temperatura real do recinto pulsando, durante 5 segundos, as teclas + ou — do recinto desexado. A temperatura do recinto escintilará.

Recomendación: Temperatura aconsellada do recinto refixerador 4 de do recinto conxelador para alimentos xa conxelados. No caso de que queiras conxelar, a temperatura recomendada é -24

2.4 Funcións refixerador.

Función arrefriamento rápido: Esta función activa o refixerador, coa temperatura máis fría, durante 6 horas. Recoméndase activala ó introducir no refixerador grande cantidad de alimentos. Para activar e desactivar, pulsa SUPER (2.4.1).

Función vacacíos: A función vacacíos é moi útil cando non vas a usa-lo refixerador nun longo período de tempo, pero quieres conservar alimentos no conxelador. Con esta función, o teu frigorífico manterá un consumo moi baixo e non xerará olores no seu interior.

Algúns modelos permiten un apagado do recinto refixerador. Pulsa as teclas +, —(2.4.3), ata que non se visualice ningún díxito.

2.5 Funcións conxelador.

Función arrefriamento rápido: Esta función activa o conxelador, coa temperatura máis fría, durante 52 horas. Recoméndase activala

24 horas antes de introducir no conxelador grande cantidade de comida.

Para activar e desactivar, pulsa SUPER (2.5.1).

Conexión/desconexión do conxelador:

Pulsa as teclas +, — (2.5.2) ata que non se visualice ningunha temperatura no display. Ó apaga-lo conxelador, apagarase tamén o recinto refixerador.

2.6 Recomendacións de uso.

  • Non ábra-las portas máis tempo do necesario nin metas no frigorífi co alimentos quentes. Así, conseguirás un uso máis efi ciente do teu frigorífi co e evitara-lo aumento do consumo de enerxía.
  • Se o teu frigorífi co é NO FROST, non obstrúa-las reixas de ventilación e deixa espazo entre os alimentos para que o aire circule entre eles.
  • Non introduzas no conxelador botellas con bebidas gasosas ou botellas de cristal que conteñan líquido, xa que poden rebentar.
  • Almacena os alimentos en recipientes herméticos para evitar que os alimentos se resequen.
  • Non consumas xeados ou alimentos moi fríos, xa que poden producir queimaduras na boca.

3 Mantemento e limpeza

3.1 Limpeza interior. Ó limpa-lo interior, utiliza unha esponxa ou baeta empapada en auga con bicarbonato ó limpa-lo interior para evita-la formación de olores. En ningún caso, utilices máquinas de limpeza a vapor, disolventes ou detergentes abrasivos.
3.2 Limpeza exterior. Non uses máquinas de limpeza a vapor para a limpeza das pantallas.

É recomendable limpa-la reixa dianteira da base do aparato unha vez ó ano cunha aspiradora.

3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpaos a man coa axuda dunha esponxa ou baeta.

3.4 Cambio de lámpada. En caso de que se funda a lámpada: desconecta o frigorífico. Retira a cuberta premendo a pestana (3.4.1, 3.4.3) e extrae a lámpada estragada (3.4.2, 3.4.4). Substitúa por outra do mesmo tipo de rosca, E14, 220-240V, 15/25W ou, segundo indicación de luminaria.

3.5 Cambio de fi Itro de carbono. O frigorífico pode incorporar un fi Itro de carbono que absorbe os olores estraños de certos alimentos e retén os microorganismos (fungos e bacterias) do aire en circulación.

O fi ltro mantén as súas propiedades durante un tempo limitado de 6 meses. Pasado este tempo, recomendase cambiar por un novo. A súa ubicación varía en función do modelo.

Para activar fi Itro, preme a pestana e retira a cuberta para acceder ó fi Itro (3.5.1, 3.5.3). Separa o fi Itro da tapa (3.5.2, 3.5.4) e retira os precintos (3.5.5).

Preme o visor BIOFILTER ata escoitar un leve estalo (3.5.6) e, en poucos segundos, a escala de duración empezarase a colorear. Coloca o fi ltro na súa ubicación orixinal.

⚠ Mantén os fi ltros esgotados e os recambios fóra do alcance dos nenos; inxerilo en grandes cantidades pode ser perigoso.

Non mólle-lo fi Itro, xa que perderá tódalas súas propiedades.

3.6 S.P.A. salus per aquam (opcional)

O teu frigorífi co pode incorpora-lo accesorio S.P.A. que serve para manter un nivel constante de humidade no recinto portaverdura e, así, evitar que se resequen os alimentos.

Ubícase na xunta de separación do caixón portaverduras (3.6.1). Está composto por un depósito cun vaso vertedor e un nivel indicativo de enchido. Cando o S.P.A. necesite auga, o nivel baixará ata ocultarse. Extrae o vaso (3.6.2) e úsao para enche-lo depósito (3.6.3).

Recoméndase cambia-lo fi ltro cada 2 anos (3.6.4).

4

Diagnósticos

FAGOR FIM6725 - Diagnósticos - 1

4.1 Porta aberta. Se mante-la porta aberta máis de 2 minutos, soará unha alarma e apagarase a luz do refixerador. A alarma desconéctase ó pecha-la porta.

4.2 Frío insufi ciente no conxelador

  • Se a temperatura do conxelador é anormalmente alta, aparecerá unha alarma luminosa (4.2.1) e activarase, á súa vez, un sinal acústico intermitente. Pulsa SUPER para desactiva-lo sinal acústico de forma manual (4.2.2).
  • Cando conécte-lo aparato por primeira vez, a alarma luminosa estará activada, pero non soará a alarma.

4.4 Ruídos normais no frigorífi co

O teu frigorífi co pode emitir unha serie de ruídos que son normais durante o seu funcionamento e polos que non te debes preocupar.

  • O gas refixerante pode producir un burbullo ó circular polos circuítos.
  • O compresor pode producir zunidos e/ou un lixeiro batedoiro, sobre todo cando se pon en marcha.
  • As dilatacións ou contraccións dos materiais utilizados poden producir estalos ou ruxidos.
  • O aire que moven os ventiladores do conxelador e da base do frigorífico pode xerar un pequeno ruído de fondo.

FAGOR FIM6725 - Ruídos normais no frigorífi co - 1

  • Mantén despexadas as reixas de ventilación.
  • Ten coidado de non dana-lo circuito de refixeración.
  • Non utilices aparatos eléctricos no interior do frigorífi co, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante.
  • Non uses dispositivos mecánicos ou outros medios distintos dos recomendados polo fabricante para acelera-lo proceso de desconxelación.
  • Este aparato non está destinado ó uso por parte de persoas (incluídos nenos) cuxas capacidades físicas, sensoriais ou mentais estean reducidas ou carezan de experiencia ou coñecemento, excepto baixo supervisión ou despois de recibir instrucións relativas ó uso do aparato dunha persoa responsable da súa seguridad. Deberá supervisarse o seu uso por parte dos nenos para evitar que xoguen co aparato.
  • Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo fabricante ou polo seu servizo postvenda ou persoal similar cualifi cado, co fin de evitar situacións perigosas.

FAGOR FIM6725 - Ruídos normais no frigorífi co - 2

Medio ambiente

FAGOR FIM6725 - Medio ambiente - 1

Este frigorífi co foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente.

Desconecta o refixerador ou activa a función de vacacíos para períodos prolongados de tempo no que non vaias a facer uso do aparato. Reducira-lo consumo e aforrarás enerxía.

Evita mante-las portas abertas durante máis tempo do necesario, xa que supón un aumento do custo enerxético.

Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiríche-lo frigorífico.

Asistente de manual
Impulsado por Anthropic
Agardando a túa mensaxe
Información do produto

Marca : FAGOR

Modelo : FIM6725

Categoría : Conxelador