FAGOR FFJ8845X - Conxelador

FFJ8845X - Conxelador FAGOR - Manual de usuario gratuíto

Atopa gratuitamente o manual do dispositivo FFJ8845X FAGOR en formato PDF.

📄 58 páxinas Galego GL Descargar 💬 Pregunta IA 10 preguntas ⚙️ Especif.
Notice FAGOR FFJ8845X - page 51
Pick your language and provide your email: we'll send you a specifically translated version.
Tipo de produto Refrigerador combinado (refrigerador, conxelador, compartimento central)
Alimentación eléctrica 220-240 V ~, toma de terra
Temperatura recomendada do refrigerador 4 °C
Temperatura recomendada do conxelador -19 °C (conxelación rápida: -24 °C)
Funcións principais Refrixeración rápida (6 h), Vacacións, Conxelación rápida (52 h), Delicatessen (13 °C), Alimentos frescos (-2 a 3 °C), Xeados (-14 °C)
Funcións de seguridade Bloqueo de nenos, Alarma de porta aberta, Alerta de corte eléctrico, Bloqueo automático
Iluminación interior Lámpada E14, 220-240 V, 15/25 W
Filtro de carbón Presente (segundo modelo); duración 6 meses, substitución necesaria
Sistema de mantemento de humidade (S.P.A.) Opcional, depósito con indicador, filtro para cambiar cada 2 anos
Limpieza interior Auga e bicarbonato de sodio; non usar limpador a vapor nin deterxentes abrasivos
Limpieza exterior e grella traseira Grella traseira: aspirador unha vez ao ano; exterior: non usar limpador a vapor nas pantallas
Limpieza dos accesorios Lavado a man (non compatibles lavalouzas)
Mantemento do circuíto de refrixeración Non danar; gas refrixerante R600A
Cambio de sentido de apertura das portas Posible, procedemento detallado no manual (desconectar, retirar bisagras, inverter pomos)
Conexión eléctrica Deixar repousar 2 horas antes de conectar; non usar adaptador nin alargadora
Instalación Protexido da calor e do sol, espazo traseiro de 25 mm, equilibrado para evitar vibracións
Dimensións Non especificadas no manual
Peso Non especificado
Pezas de recambio e reparabilidade Non especificado; contactar co servizo posvenda

Preguntas frecuentes - FFJ8845X FAGOR

Como cambiar o sentido de apertura da porta?
Desconecte o aparello e baleire as portas. Retire as bisagras e as proteccións, inverta os pomos e os peches automáticos seguindo os pasos do manual. Atención: desconecte sempre antes de calquera intervención.
Como activar a función vacacións?
Seleccione o compartimento do refrigerador, prema a tecla de función ata ver a icona de vacacións, despois confirme con OK. O refrigerador manterá un baixo consumo mentres o conxelador segue funcionando.
Que facer en caso de corte eléctrico?
Abra as portas o menos posible. O aparello pode amosar unha alerta de corte, prema OK para cancelala. Active a función de alerta de corte no menú configuración para ser avisado.
Como limpar o interior do refrigerador?
Use unha esponxa ou un pano húmido con auga e bicarbonato de sodio. Non usar limpador a vapor, disolventes ou deterxentes abrasivos.
Como substituír a lámpada interior?
Desconecte o aparello. Retire a tapa da lámpada presionando a lingüeta ou desaparafusando o parafuso. Substitúa por unha lámpada tipo E14, 220-240 V, 15/25 W ou segundo indicación.
Que significa o parpadeo da icona de alarma?
Unha temperatura anormalmente alta no conxelador activa un sinal acústico e a icona parpadea. Active a función conxelación rápida para deter a alarma manualmente.
Como usar a función conxelación rápida?
Seleccione o compartimento conxelador, prema a tecla de función ata que apareza a icona, confirme con OK. A función dura 52 horas; activaa 24 h antes de introducir unha gran cantidade de alimentos.
Como desactivar o bloqueo de nenos?
Prema durante 3 segundos a tecla de bloqueo. Se o aparello se bloquea automaticamente após 1 minuto de inactividade, prema calquera tecla durante 5 segundos para desbloquear.
Para que serve o compartimento central e cales son as súas funcións?
O compartimento central pode axustarse en modo Delicatessen (13 °C para queixos, viños, embutidos), Alimentos frescos (-2 a 3 °C para carnes, peixes) ou Xeados/Conxelador (-14 °C para xeados e conxelados de consumo rápido).
Como substituír o filtro de carbón?
Retire a tapa do filtro, saque o filtro vello, quite os tapóns do novo e colóqueo. Active o novo filtro no menú configuración. Importante: non mollar nunca o filtro e mantelo fóra do alcance dos nenos.

Preguntas dos usuarios sobre FFJ8845X FAGOR

0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.

Facer unha nova pregunta sobre este aparello

O correo electrónico permanece privado: utilízase só para avisarche se alguén responde á túa pregunta.

Aínda non hai preguntas. Sé o primeiro en facer unha.

Descarga as instrucións para o teu Conxelador en formato PDF de balde! Atopa o teu manual FFJ8845X - FAGOR e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. FFJ8845X da marca FAGOR.

MANUAL DE USUARIO FFJ8845X FAGOR

Manual de instrucións

Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu frigorífi co.

Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.

FAGOR FFJ8845X - Manual de instrucións - 1

Identifi cación
FAGOR FFJ8845X - Manual de instrucións - 2

Identifi ca o modelo do teu frigorífi co ("a", "b", "c") comparando o panel de mandos coas ilustracions.

1

Instalación

FAGOR FFJ8845X - Manual de instrucións - 3

1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección.
1.2 Ubicación. Coloca o frigorífico lonxe de fontes de calor e protexido dos raios directos do sol para diminuí-lo consumo.

Non instale-lo frigorífi co ó aire libre nin exposto á choiva.

O aire debe circular pola parte traseira do frigorífi co. Deixa 25 mm entre o fondo do frigorífi co e a parede. Non tapóne-lo espazo existente entre o teu frigorífi co e o chan ou o teito con ningún obxecto.

Nivela o frigorífi co para evitar vibracións e ruídos. Ten en conta que, se o frigorífi co está situado xunto á parede ou algún armario, pode producir pequenos ruídos.

Así mesmo, comproba que as bandexas estean colocadas correctamente e coloca os recipientes separados entre si para evitar vibracións.

1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousa-lo frigorífico durante, polo menos, 2 horas en posición vertical antes de conectalo. Comproba os datos da placa de características (220-240V con toma de terra) (1.3.1, 1.3.2).

Evita que o cable estea en contacto co motor ou atrapado debaixo do mesmo.

1.4 Cambio de sentido de apertura da porta. Desconecta o frigorífi co da rede eléctrica e baleira o contido da contraporta.

Retira a cuberta da bisagra superior cun destornillador de punta plana (1.4.1). Solta os parafusos e extrae a bisagra e a cápsula de xiro axudándote co desaparafusador (1.4.2).

Solta o conector presionando a pestana (1.4.3). Retira a porta do refixerador (1.4.4). Extrae o portamandos facendo panca nas

amosegas destinadas a iso coa axuda dun desaparafusador (1.4.5).

Fai unha amosega para o cable no lado contrario, na zona indicada na carcasa (1.4.6). Monta de novo o portamandos pasando o cable pola amosega realizada (1.4.7).

Retira a cuberta dos parafusos da bisagra central, solta os parafusos e retira a bisagra (1.4.8). Nos modelos de tres recintos, cambia a bisagra superior pola inferior. Retira a porta do conxelador (1.4.9).

Solta os parafusos da bisagra inferior e retíraa. Cambia a posición do eixe na bisagra e colócaa no lado oposto (1.4.10).

Coloca o tirador inferior do conxelador na porta do refixerador e o tirador inferior do refixerador na do conxelador, xirados 180°. Coloca os tiradores verticais no seu lado oposto xirándoos 180° (1.4.11). Se dispós de recinto central, coloca o tirador superior abaixo e o inferior arriba, xirados 180°.

Xira os autopeches e coloca o do refixerador no conxelador e viceversa (1.4.12).

Coloca a porta do conxelador (1.4.13) e aparafusa a bisagra central (1.4.14). Coloca a porta do refixerador (1.4.15).

Coloca a cápsula de peche no espazo da bisagra superior do lado oposto (1.4.16).

Introduce o cable pola bisagra superior e a cápsula de xiro e enchúfao ó conector da porta (1.4.17).

Aparafusa a bisagra superior (1.4.18) e coloca a cuberta (1.4.19).

2

Uso

FAGOR FFJ8845X - Manual de instrucións - 4

2.1 Encendido do frigorífico. Pulsa (2.1.1) ou (2.1.2) ata visualizar alguna temperatura na pantalla.
2.2 Confi guración. Pulsa durante 5 segundos e visualizara-las diferentes opciones de confi guración (idioma, data, hora, avisos...) (2.2.1). Selecciona a opción que desexes confi gurar pulsando (2.2.2). Modifi ca a opción pulsando as teclas + ou — (2.2.3). Valida pulsando (2.2.4). Para saír do menú, pulsa a tecla durante 5 segundos (2.2.5).
2.3 Selección do recinto. Nos frigorífí cos combinados, os recintos do refrixerador, do

FAGOR FFJ8845X - Manual de instrucións - 5

conxelador e o terceiro recinto funcionan de forma independente. Pulsa para selecciona-lo recinto ata que escintile (2.3.1) e valida pulsando OK (2.3.2). Ou pulsa a tecla do recinto que queiras seleccionar, (2.3.3).

2.4 Selección da temperatura. Coa temperatura escintilando, cámbiaa pulsando a tecla + ou — . (2.4.1, 2.4.2). Valida pulsando OK (2.4.3) ou -FO (2.4.4). A temperatura do terceiro recinto pódese modifi car de igual forma.

Podes coñece-la temperatura real de cada recinto pulsando, simultáneamente, as teclas +, — (2.4.5) ou mantendo pulsada, durante 3 segundos, a tecla do recinto desexado (2.4.6). A temperatura real aparecerá escintilante durante uns segundos, pasado este tempo, volverase a visualiza-la temperatura seleccionada.

Recomendación: A temperatura aconsellada do recinto refrigerador é 4 e a do recinto conxelador é-19 para conservar alimentos. En caso de que queira conxelar, a temperatura recomendada é-24.

2.5 Funcións refixerador.

Función arrefriamento rápido: Esta función activa o refixerador, coa temperatura máis fría, durante 6 horas. Recoméndase activala ó introducir no refixerador unha grande cantidad de alimentos.

Para activar e desactivar: Selecciona o recinto refixerador (2.3.1, 2.3.2). Pulsa ata visualizar no display (2.5.1). Valida pulsando OK (2.5.2). Tamén pulsa a tecla do recinto refixerador (2.3.3) e, a continuación, pulsa a tecla ata visualizar no display (2.5.3), pulsa para validar (2.5.4).

Función vacacíons: A función vacacíons é moi útil, cando non se vai a usa-lo refixerador nun longo período de tempo, pero quérese conservar alimentos no conxelador. Con esta función, o teu frigorífico manterá un consumo moi baixo e non xerará olores no seu interior.

Advertencia: Para iso, a porta do frigorífico debe estar pechada.

Para activar e desactivar: Selecciona o recinto refixerador (2.3.1, 2.3.2). Pulsa 📋 ata visualizar 📋 to display (2.5.5). Valida pulsando 📋 (2.5.6). Pulsa tamén a tecla do recinto refixerador 📋 (2.3.3) e, a continuación, pulsa a tecla 📋 ata visualizar 📋 no display (2.5.7), pulsa 📋 para validar (2.5.8).

Conexión/desconexión do refriherador ou do recinto medio: Algúns modelos permiten

a desconexión do refixerador ou do recinto medio. Selecciona o recinto (2.3.1, 2.3.2). Modifi ca a temperatura coas teclas +, — ata que non se visualice ningún díxito no display (2.5.9). Pulsa ok e o recinto estará apagado (2.5.10).

2.6 Funcións conxelador.

Función conxelación rápida: Esta función activa o conxelador, coa temperatura máis fría, durante 52 horas. Recoméndase activala 24 horas antes de introducir no conxelador unha grande cantidad de comida.

Para activar e desactivar: Selecciona o recinto conxelador. Pulsa 📋 ata visualizar ✕ no display (2.6.1). Valida pulsando OK (2.6.2). Pulsa tamén a tecla do recinto conxelador 📋 e, a continuación, pulsa a tecla 📋 ata visualizar ✕ no display (2.6.3), pulsa 📋 para validar (2.6.4).

Conexión/desconexión do conxelador: Ó apaga-lo conxelador, apagaranse tamén os outros recintos, o frigorífí co estará apagado.

Selecciona o recinto conxelador. Modifi ca a temperatura coas teclas +, — ata que non se visualice ningún dixito no display (2.6.5). Pulsa OK para confi rmar e apagar (2.6.6). Ademais, pulsa a tecla √/☐ durante 3 segundos (2.5.7).

2.7 Funcións recinto medio.

O recinto medio do teu frigorífi co pode incluí- las seguintes funcións especiais:

Función Delicatessen: Mantén unha temperatura de 13°. Ideal para a conservación de queixos, viños, embutidos, chocolate...

Para activar e desactivar: Selecciona o recinto medio (2.3.1, 2.3.2). Pulsa ata visualizar no display (2.7.1). Valida pulsando OK (2.7.2).

Función Alimentos Frescos: Mantén unha temperatura de – 2° a 3°. Ideal para a conservación de carnes, peixes, mariscos...

Función Xeados/Conxelador **: Mantén unha temperatura de -14°. Ideal para a conservación de xeados e produtos xa conxelados que se consumirán en breve.

Para activar e desactivar: Selecciona o recinto medio (2.3.1, 2.3.2). Pulsa ata visualizar no display (2.7.5). Valida pulsando (2.7.6).

Advertencia: Este recinto non é axeitado para a conservación de alimentos durante un longo período de tempo.

2.8 Función bloqueo. Para evitar manipulacións por parte dos nenos.

Pulsa, durante 3 segundos, a tecla (2.8.1). Para desbloquealo, repite esta operación. Pasado un minuto sen pulsar ningún botón, pode que o teu frigorífico se bloquee automaticamente e visualizarás no display. Para desbloquear, mantén pulsada calquera tecla durante 5 segundos (2.8.2)

2.9 Recomendacións de uso.

  • Non ábra-las portas máis tempo do necesario nin metas no frigorífi co alimentos quentes. Así, conseguirás un uso máis efi ciente do teu frigorífi co e evitara-lo aumento do consumo de enerxía.
  • Se o teu frigorífico é NO FROST, non obstrúas as reixas de ventilación e deixa espazo entre os alimentos para que o aire circule entre eles.
  • Non introduzas no conxelador botellas con bebidas gaseosas ou botellas de cristal que conteñan líquido no conxelador, xa que poden rebentar.
  • Almacena os alimentos en recipientes herméticos para evitar que se resequen.
  • Non consumas xeados ou alimentos moi fríos, xa que poden producir queimaduras na boca.

3

Mantemento e limpeza

3.1 Limpeza interior. Ó limpa-lo interior, utiliza unha esponxa ou baeta empapada en auga con bicarbonato para evita-la formación de olores.
Non utilices, en ningún caso, máquinas de limpeza a vapor, disolventes ou detergentes abrasivos.
3.2 Limpeza exterior. Non uses máquinas de limpeza a vapor para a limpeza das pantallas.
É recomendable limpa-la reixa traseira unha vez ó ano cunha aspiradora.
3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpiaos a man con axuda dunha esponxa ou baeta.
3.4 Cambio de lámpada. En caso de que se funda a lámpada: desconecta o frigorífico Retira a cuberta presionando a pestana (3.4.1, 3.4.3) ou soltando o parafuso de amarre (3.4.5, 3.4.6) e extrae a lámpada estropeada (3.4.2, 3.4.4, 3.4.7). Substitúrea por outra do mesmo tipo de rosca, E14, 220-240V, 15/25W ou segundo indicación de luminaria.
3.5 Cambio de fi Itro de carbono. O frigorífico pode incorporar un fi Itro de carbono que absorbe os olores estraños de certos

alimentos e retén os microorganismos (fungos e bacterias) do aire en circulación.

O fi ltro mantén as súas propiedades durante un tempo limitado de 6 meses. Pasado este tempo, recomendase cambialo por un novo. A súa ubicación varía en función do modelo.

Retira a cuberta presionando a pestana (3.5.1, 3.5.3, 3.5.5). Retira o fi itro da súa ubicación (3.5.2, 3.5.4, 3.5.6) e solta os precintos (3.5.7). Coloca o fi itro na súa ubicación orixinal.

Mantén os fi ltros esgotados e os recambios fóra do alcance dos nenos; inxerilo en grandes cantidades pode ser perigoso.

Non mólle-lo fi Itro, xa que perderá tódalas súas propiedades.

3.6 S.P.A. salus per aquam (opcional)

O teu frigorífi co pode incorpora-lo accesorio S.P.A., que serve para manter un nivel constante de humidade no recinto portaverduras e, así, favorecer que non se resequen os alimentos.

Ubícase na xunta de separación do caixón portaverduras (3.6.1). Está composto por un depósito cun vaso vertedor e un nivel indicativo de enchedura. Cando o S.P.A. necesite auga, o nivel baixará ata ocultarse. Extrae o vaso (3.6.2) e úsao para enche-lo depósito (3.6.3).

Recoméndase cambia-lo fi ltro cada 2 anos (3.6.4).

4

Diagnósticos

FAGOR FFJ8845X - Diagnósticos - 1

4.1 1 Porta aberta. Ó abrir calquera recinto podes visualiza-la icona de porta aberta (4.1), esta icona desaparecerá ó cerra-la porta.

4.2 Frío insufi ciente no conxelador.

  • Se a temperatura do conxelador é anormalmente alta, escintilará o icono no display e activarase, á súa vez, un sinal acústico intermitente. Activa a función conxelación rápida para desactiva-lo sinal acústico de forma manual manual (2.6.1, 2.6.2, 2.6.3, 2.6.4).
  • Cando conectes por primeira vez o aparato, aparecerá o icono ▲, pero non soará a alarma.

Despois dun corte de subministración

eléctrica, na liña de texto aparecerá

"ANULAR AVISO DE CORTE". Pulsa OK para desactivalo (4.3.5).

4.4 Sondas rotas.

Cando se detecta algunha soda rota, éntrase nun modo de visualización especial:

Sonda do refixerador rota: Visualizarás escintilando n1 (4.4.1).

Sonda do conxelador rota: Visualizarás escintilando n1 2 (4.4.2).

Durante a visualización do modo Sondas Rotas non se pode manipular ningunha das opciones do frigorífico.

4.5 Ruídos normais no frigorífi co

O teu frigorífi co pode emitir unha serie de ruídos que son normais durante o funcionamento e polos que non te debes preocupar.

  • O gas refixerante pode producir un burbulleo ó circular polos circuitos.
  • O compresor pode producir zunidos e/ou un lixeiro golpeteo, sobre todo, cando se pon en marcha.
  • As dilatacións ou contraccións dos materiais utilizados poden producir estalos ou ruxidos.
  • O aire que move o ventilador do conxelador pode xerar un pequeno ruído de fondo.

FAGOR FFJ8845X - Ruídos normais no frigorífi co - 1

  • Ten coidado de non dana-lo circuito de refixeración.
  • Non utilíce-los aparatos eléctricos no interior do frigorífico, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante.
  • Non úse-los dispositivos mecánicos ou outros medios distintos dos recomendados polo fabricante para acelera-lo proceso de desconxelación.
  • Este aparato non está destinado ó uso por parte de persoas (incluídos nenos) coas capacidades físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou que carezan de experiencia ou coñecemento, salvo baixo supervisión ou despois de recibir instrucciones relativas ó uso do aparato dunha persoa responsable da súa seguridad. Deberase supervisar o uso por parte dos nenos para evitar que xoguen co aparato.
  • Se o cable de alimentación está danado, debe ser sustituido polo fabricante ou polo seu servizo postventa ou persoal similar cualifi cado co fin de evitar situacións perigosas.

FAGOR FFJ8845X - Ruídos normais no frigorífi co - 2

Medio ambiente

FAGOR FFJ8845X - Ruídos normais no frigorífi co - 3

Este frigorífi co foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente.

Desconecta o refixerador ou activa a función vacacions para períodos prolongados de tempo nos que non vaias a facer uso do aparato. Reducira-lo consumo e aforrarás enerxía.

Evita mantene-las portas abertas durante máis tempo do necesario, xa que supón un aumento do custo enerxético.

Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriche-lo frigorífico.

Asistente de manual
Impulsado por Anthropic
Agardando a túa mensaxe
Información do produto

Marca : FAGOR

Modelo : FFJ8845X

Categoría : Conxelador