ZEN-LT1006 - Lavadora EDESA - Manual de usuario gratuíto
Atopa gratuitamente o manual do dispositivo ZEN-LT1006 EDESA en formato PDF.
| Tipo de produto | Lavadora de pé |
| Capacidade de carga | 6 kg |
| Velocidade máxima de centrifugado | 1000 rpm |
| Dimensións (A x L x P) | 85 cm x 60 cm x 52 cm |
| Peso | 65 kg |
| Alimentación eléctrica | 220-240 V / 50 Hz |
| Clase de eficiencia enerxética | A++ |
| Número de programas | 15 |
| Programas inclúen | Algodón, Sintéticos, Delicados, Lana, Rápido 30', Aclarado e Centrifugado, Só Centrifugado, Desaugadoiro |
| Control de temperatura | Frío a 90°C |
| Inicio diferido | Ata 24 horas |
| Bloqueo para nenos | Si |
| Material do tambor | Aceiro inoxidable |
| Tipo de pantalla | LED |
| Consumo de auga por ciclo | 52 L |
| Consumo anual de enerxía | 175 kWh |
| Nivel de ruído (Lavado/Centrifugado) | 58 / 76 dB(A) |
| Mantemento | Limpar o filtro mensualmente, programa de limpeza do tambor |
| Dispoñibilidade de pezas de recambio | En liña e centros de servizo autorizados |
| Características de seguranza | Protección contra desbordamento, detección de carga desequilibrada |
Preguntas frecuentes - ZEN-LT1006 EDESA
Preguntas dos usuarios sobre ZEN-LT1006 EDESA
0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.
Facer unha nova pregunta sobre este aparello
Descarga as instrucións para o teu Lavadora en formato PDF de balde! Atopa o teu manual ZEN-LT1006 - EDESA e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. ZEN-LT1006 da marca EDESA.
MANUAL DE USUARIO ZEN-LT1006 EDESA
Co obxectivo de mellorar constantemente os nosos produtos, reservámonos o dereito a efectuar modificacions nas suas características técnicas, funcionais ou estéticas vinculadas aos avances tecnológicos.
Importante:
Antes de poñer en marcha o aparello, lea atentamente este manual de instalación e utilización para familiarizarse axiña co seu funcionamento.
- CONTENTS
Page Page
Desmontaxe das suxeicións de transporte ....44
Evacuación das augas usadas ....44
Instalación do seu aparello 45
Carga da roupa 45
Modificación dun programa de lavado 48
Dispositivos de seguridade automáticos ....48
Limpeza do filtro da bomba 49
Incidentes que poden xurdir 50
Mensaxes especiais fornecidas pola pantalla ....50
Non asumimos ningunha responsabilidade nin garantía en caso de incumprimento destas recomendacións susceptibles de provocar danos materiais ou corporais.
— Non está previsto que usen este aparello persoas (incluídos nenos) que teñan reducidas as súas capacidades físicas, sensoriais ou mentais, nin por persoas que non teñan experiencia ou non coñezan o funcionamento do aparello, agás que estiveran baixo o control ou recibiran formación previa referente ao uso do aparello por parte dunha persoa responsable da súa seguridad.
— O aparello só debe utilizarse de acordo co modo de emprego, para evitar danar a súa roupa e o seu aparello. Só utilice produtos de lavado e de mantemento certificados para o emprego nas lavadoras de uso doméstico.
— Se antes do lavado, trata a súa roupa con quitamanchas, disolventes e, en xeral, con calquera produto inílamable ou de alto poder detonante, non a poña inmediatamente no aparello.
Do mesma xeito, recomendámoslle vehementemente non utilizar disolventes ou produtos en bomba aerosol á beira da súa lavadora e, con carácter xeral, preto de aparellos eléctricos nun cuarto mal ventilado (risco de incendio e de explosión).
— Se tivera que abrir a súa lavadora durante un ciclo (por exemplo: para poñer ou retirar roupa), segundo na fase na que se encontre o programa (en lavado esencialmente), teña coidado coa temperatura interior que pode ser moi elevada (risco de queimaduras graves).
— Durante unha nova instalación, o aparello ten que ser conectado á rede de distribución de auga mediante un tubo novo, o tubo usado non debe reutilizarse.
— Os aparellos que caeron en desuso han de inutilizarse. Desenchufe e corte o cable de alimentación. Inutilice a pechadura da porta.
— Non deixe que os nenos xoguen co aparello e manteña afastados os animais domésticos.
— Debe inutilizar calquera aparello obsoleto Desconecte e corte o cable de corrente, peche a billa da auga e retire o tubo. Asemade, quite o pecho da porta.
— En caso de risco de xeo, desenchufe a toma de auga e baleire a auga susceptible de permanecer no tubo de desaugue colocándoo ao nível máis baixo posible nun recipiente
• AFORROS DE ENERXÍA
— Só programe o prelavado cando sexa absolutamente necesario: por exemplo, para pezas de deporte ou de trabalho moi sucias, etc.
— Para a roupa pouco ou medianamente sucia, un programa de baixa temperatura é suficiente para obter un resultado de lavado impecable.
— Dositique o produto de lavado segundo a dureza da auga, o grao de suciedade e a cantidade de roupa e respecte os consellos dos paquetes de deterxente.
Os materiais utilizados para a embalaxe deste aparello son reciclables. Participe na súa reciclaxe e contribúa así a conservar o medio ambiente depositándoos nos colectores municipais previstos para eles.
O seu aparello tamén contén moitos materiais reciclables, polo que está marcado con este símbolo a fin de indicarlle que, nos países da Unión Europea, os aparellos desbotados non deben mesturarse con outros residuos. Actuando deste xeito, a reciclaxe dos aparellos que organiza o seu fabricante efectuarase nas mellores condicións posibles, de acordo coa directiva europea 2002/96/CE sobre os residuos de equipos eléctricos e electrónicos. Consulte no seu concello ou ao seu vendedor para coñecer onde se atopan os puntos de recolleita de aparellos desbotados (puntos limpos) más próximos ao seu domicilio. Dámoslle as grazas pola súa colaboración na protección do medio ambiente.
Antes de calquera utilización, é obrigatorio efectuar as operacións descritas a continuación.
Estas operacións consisten en retirar todas as pezas que serven para inmobilizar a cuba do seu aparello durante o transporte.
Estas operacións chamadas «de retirada das suxeicións» son necesarias para o bo funcionamento do seu aparello e o respecto das normas vixentes en materia de seguridad.
Se estas operacións non se efectúan na súa totalidade, iso poderá causarile danos graves ao seu aparello durante o seu funcionamento.
— Quite a lavadora do seu soporte (verifique que a cuña A que lle serve de soporte ao motor non quedou metida debaixo da máquina) (Debuxo D3)
— Quite os 4 parafusos B cun desaparafusador (Debuxo D4)
— Desmonte a travesa C quitando os dous parafusos D (Debuxo D5) coa axuda dunha chave de 10 ou de 13 mm (segundo o modelo). (asegúrese que os dous tirantes de plástico fixados sobre a travesa se quitan ao mesmo tempo que esta última).
— Volva montar os parafusos B no seu emprazamento inicial.
Atención:
Tape obrigatoriamente os dous buracos mediante os dous tapóns E previstos para estes efectos (fornecidos na bolsa de accesorios) (Debuxo D6)
— Retire a cuña de inmobilización do conxunto tambor/cuba (Debuxo D7). Para isto:
- libere as portiñas do tambor, bloqueadas en posición baixa, apertando simultaneamente sobre as dúas partes.
Atención:
Retire as abrazadeiras soporte tubos H e tape obrigatoriamente os buracos mediante os tapóns previstos a estes efectos (fornecidos na bolsa de accesorios) (Debuxo D8).
Consello:
Aconsellámoslle conservar todas as pezas de suxeición, xa que deberá montalas de novo obrigatoriamente se un día ten que transportar a súa máquina.
Información:
• Colocación sobre as rodiñas
Se a súa máquina está equipada con rodiñas retráctiles, pode desprazala facilmente.
Para a colocación das rodiñas, faga rodar de dereita a esquerda a panca situada na parte inferior do aparello (Debuxo D9).
Importante:
En funcionamento, a máquina non debe asentar sobre as súas rodiñas «dianteiras»: non esqueza volver colocar a panca na súa posición inicial.
— polo outro, nunha billa dotada dunha rosca fileteada ∅ 20x27 (3/4 BSP). Se utiliza unha billa auto-taladradora, a apertura practicada debe ter un diámetro de 6 mm como mínimo.
Entrada de auga :
- Presión da auga mínima: 0,1 MPa ou 1 bar
- Presión da auga máxima: 1 MPa ou 10 bar
- Substitución do tubo de alimentación de auga
Durante o cambio, asegúrese de telo ben suxeito e da presenza da xunta nas dúas extremidades.
— de xeito provisional, sobre un vertedoiro ou unha bañeira.
— ou de xeito permanente, sobre un sifón ventilado.
Se a súa instalación non está dotada dun sifón ventilado, procure que: a conexión non estea estanca. De cara a evitar calquera refluxo de auga usada na máquina, recomendase especialmente deixar libre o paso de aire entre o tubo de desaugue da máquina e o conduto de evacuación.
En calquera caso, a cruceta de baleirado deberá ser colocada a unha altura comprendida entre 90 e 65 cm en relación coa base da máquina.
Importante:
Procure manter correctamente o tubo de desaugue mediante unha suxeición para evitar que a cruceta se desprenda no decurso do baleirado e provoque unha inundación.
É posible evacuar as augas usadas no chan a condición que o tubo de desaugue pase por un punto situado a unha altura comprendida entre 90 e 65 cm en relación coa base da máquina (Debuxo D12).
D 3

D7

Para a súa seguridad é obrigatorio seguir as indicacións dadas a continuación.
— Antes de conectar o aparello deberá asegurarse obrigatoriamente de que as súas características eléctricas son compatibles coas da súa instalación (ver as indicacións escritas sobre a placa de características fi xada ao dorso do aparello).
— A instalación eléctrica debe axustarse ás normas vixentes e ás prescricios das Autoridades Eléctricas do país en cuestión, en particular para a toma de terra e o emprazamento nun cuarto de baño.
Non asumimos ninguna responsabilidade por calquera incidente provocado por unha instalación eléctrica incorrecta.
Consello:
Consellos para a instalación eléctrica do seu aparello
— Non utilice alargadeiras, adaptadores ou tomas múltiples.
— Non suprima nunca a toma de terra.
— A toma de corrente debe ser facilmente accesible pero fóra do alcance dos nenos.
Se tivera algún tipo de dúbida, póñase en contacto co seu instalador.
Importante:
O seu aparello axústase ás directivas europeas 2006/95/CE (directiva baixa tensión) e 2004/108/CE (compatibilidade electromagnética).
Se coloca a súa máquina a carón doutro aparello ou dun moble, aconsellámoslle deixar sempre entre eles un espazo para facilitar a circulación do aire.
Consello:
Por outra banda, desaconsellámoslle vivamente :
— instalar o seu aparello nunha habitación húmida e mal ventilada.
— instalar o seu aparello nun lugar onde podería ser sometido a
proxeccións de auga.
— instalar o seu aparello nun chan con moqueta.
Se non o pode evitar, faga todo o posible para non molestar a circulación do aire na sua base, e asegurar unha ventilación correcta dos componentes internos.
Verifique mediante a axuda dun nivel que o chan é horizontal : inclinación máxima 2°; isto é, unha distancia de máis ou menos 1 cm medido sobre a largura e de 1,5 cm sobre a profundidade da máquina.
- Pés axustables
Algunhas máquinas están dotadas de dous pés axustables situados na parte dianteira que permiten compensar as desigualdades do chan. Para axustar a horizontabilidade e a estabilidade da máquina, proceda como segue:
— poña a máquina sobre as rodiñas (ou inclínea lixeiramente cara atrás se non está dotada de rodiñas retráctiles)
— segundo a configuración do chan, enrosque ou desenrosque o(s) pé(s) para axustalo(s) en altura (Debuxo D13)
— volva poñer a máquina sobre os seus pés e verifique a súa estabilidade.
— Lavado 95: non exceda nunca as temperaturas indicadas
— Pode utilizarse lixivia: △
— Pasar o ferro: DOADO 📄 MEDIO 📄 FORTE 📄
— Limpeza en seco: limpeza só con esencias minerais Ⓕ,
Percloroetileno Ⓟ, calquera disolvente Ⓐ
— Nota: un código tachado indica a súa ✗ ✗ ✗

Efectúe as operacíóns na orde seguinte:
- A cubeta «LAVADO» pode conter deterxente en po ou líquido; non obstante, non utilizar deterxente líquido para os programas CON prelavado e/ou CON «arranque diferido» (segundo modelo).
— O suavizante concentrado debe diluírse en auga quente.
— A lixivia concentrada debe ser diluída necesariamente.
— Para un enchido correcto das cubas de produtos, colocar a tapa na súa posición máxima de apertura.
— Non sobarde o nivel MAX.
- Dosifi cación do deterxente
A cantidad de deterxente a utilizar depende da dureza do auga, do grao de suciedade da súa roupa e da cantidad de roupa a lavar. Consulte sempre ás prescricións de dosificación que figuran no envoltorio dos seus produtos de lavado.
Atención: os consellos dos fabricante de detergentes corresponden, na mayoría dos casos, a un enchido máximo do tambor. Adapte correctamente a súa dosi cación ao peso da roupa introducida na máquina.
Estes consellos evitaranlle unha dosificación excesiva responsable da xeración de escuma. Unha sobreproducción de escuma pode diminuir os resultados da súa máquina e aumentar a duración do lavado así como o consumo de auga.
- Deterxentes para pezas de la e táxtiles delicados
Para o lavado destes téxtiles, recomendase utilizar un deterxente apropiado (evite botalo directamente no tambor xa que algúns destes produtos son agresivos para o metal).
Antes de efectuar o seu primeiro lavado, recomendámoslle facer un ciclo de lavado «ALGODÓN 90° sen prelavado», sen roupa e utilizando 1/2 dose do seu deterxente habitual. Isto servirá para eliminar os residuos de fabricación que poden, eventualmente, subsistir na máquina.
② || Cubeta lavado (po ou líquido)
③ Suavizante
④ cl Lixivia cl
: DETERXENTE PO : DETERXENTE LÍQUIDO
• PROGRAMACIÓN

Información:
Todas as teclas son de microcarreira e non fi can premidas. A tecla «inicio/pausa» non pode, en ningún caso, anular un programa.
Importante:
Antes de poñer a súa lavadora en marcha, verifi que que o cable eléctrico estea enchufado e a billa de auga aberta. Asegúrese tamén que a portas do tambor e a tapa da lavadora están pechadas correctamente.
Na fase «fi n de ciclo», calquera acción sobre un dos elementos de mando (selectores ou teclas) permite volver ao modo «programación».
Como medida de seguridad, ao á nal do ciclo, aconsellámoslie desconectar o cable eléctrico e logo pechar a billa de chegada de auga.
| • Programación dun ciclo de lavado: Visualización e posición dos selectores | |
| — Xire o selector 1 para escoller o programa e a temperatura de lavado máis adaptados á natureza da súa roupa.Nota: O feito de xirar o selector para unha posición diferente de «O» prende a lavadora. | En «Lava» as luces están intermitentes (Se seleccionou só aclarado ou só centrifugado, son as luces de «Aclarado» as que están intermitentes) |
| — Empregando o selector 2 escolla entre as seguintes opciós:- ou unha velocidad de centrifugado acaída á natureza da súa roupa. A velocidad de centrifugado está automaticamente limitada nos “Sintéticos”, “Delicados/ lá” (delicado/lana) e “Lavado a man”.- ou un secado rápidoO ciclo rematará cun centrifugado suave a 100 rpm- Ou parar co tambor cheo.A súa lavadora parará co tambor cheo de auga xusto antes do centrifugado final. | O selector 2 en- Posición «800» for example- Posición «0»- Posición «antienrugas» |
| — Escolla ou non as opciós mediante as teclas 3. | Indicador(es) luminoso(s) das opciós seleccionadas |
| — Seleccione un arranque inmediato premendo «inicio/pausa» 4 luz de «Lava» queda acesa. | A(As luces [A]ilumínanse sucesivamente para amosar en que fase do ciclo se atopa) |
- POÑER OU QUITAR UNHA PRENDA DURANTE O CICLO (imposible durante o centrifugado):
| — Prema o botón de «inicio/pausa» 4 para interromper o ciclo.- Poña ou quite as prendas-(*) O tempo de desbloqueo da tapa depende da temperatura interior da lavadora e, por motivos de seguridad, pode chegar a varios minutos no caso dunha interrupción do ciclo a máis de 40^ .-Prema o botón de «inicio/pausa» 4 para reiniciar o ciclo. | Luz A intermitenteLuz A acesa |
- CANCELAR MENTRES PROGRAMA, DURANTE O LAVADO OU NUNHA PAUSA:
| Poña o selector1na posición «O».Esta operación pode facerse en calquera momento durante o ciclo, mentres programa, ou mesmo durante unha pausa.Nota:- En todos os casos, unha anulación obrígalle a volver programar todo dende o principio.- Se anulou durante o lavado, pense en baleirar a auga se é necesario. | selector1en «O»Todas as luces e o visualizador están apagadas |
| • End of the cycle: | |
| Nota: Despois do centrifugado, algúns modelos colocan automaticamente a apertura do tambor na parte superior para que sexa más doado o acceso á roupa. Esta operación pode durar 3 minutos como máximo.— Despois, a luz “fi n” préndese indicando que o ciclo rematou.Poña o selector1na posición «O».Así pode abrir a tapa e retirar a colada. | A luz de «fi n» queda acesa |
Para obter más información sobe as diferentes funcións, consulte os capítulos «DETALLES DOS PROGRAMAS» e «DETALLES DAS OPCIÓNS».

Información:
Despois dun corte de enerxia eléctrica, o ciclo de lavado prosegue automaticamente onde quedou interrompido.
- Manter os resultados da súa lavadora (Mantemento do filtro da bomba):
Debe limpar regularmente o filtro da bomba de baleirado (ver forma de proceder no capítulo «LIMPEZA DO FILTRO DA BOMBA».

Importante:
Para escoller o programa máis acaído á natureza da súa roupa, respecte as indicacións que figuran nas etiquetas fixadas sobre a mayoría dos tétiles.
| Táboa de programas | prelavado | fácil planchado | aclarado extra | «0» | anti-arrugas | ||
| Táboa de programas | Temperatura (°C) | Peso máximo da roupa seca (kg) | Prelavado | Doado de pasar o ferro | Aclarado Extra | Lavar e vestir | Parada tambor cheo |
| Algodón - 90 | * °C 6.0 | ● | ● | ● | ● | ● | |
| Sintético - 60 2.5 | * | ● | ● | ● | ● | ● | |
| Delicado/ Lá (delicado/lana) | 30-40 1.5 | ● | ● | ● | |||
| Programas especiais | |||||||
| Lavado a man (Lavado a mano) 1.0 | * | ● | ● | ● | |||
| Rápido 30 minutos (▶celeris 30 min) 40 2.5 | ● | ● | |||||
| Programas adicionais | |||||||
| Aclarado - - | ● | ● | |||||
| Centrifugado | - | - | ● | ||||
- : Estas funcións poden utilizarse soas ou acumuladas. As combinacións ilóxicas son imposibles.
- PROGRAMAS PARA OS ENSAIOS SEGUNDO O REGULAMENTO DELEGADO (UE) N° 1061/2010
- Programa algodón estándar a 60°C: Algodón - 60°C- sen opción- centrifugado máximo
- Programa algodón estándar a 40°C: Algodón - 40°C- sen opción- centrífugado máximo.
• DETALLES DOS PROGRAMAS
Para unha carga de roupa composta de ALGODÓN branco resistente ou de cor.

Importante:
Se lava roupa de cor, non exceda a temperatura de 60 °C máximo.
Nota: Durante os primeiros minutos deste programa, a súa lavadora avalia automaticamente a carga da roupa introducida. En base a iso, adapta o consumo de auga e a duración do programa para un lavado perfecto.
• SINTÉTICO
Para unha carga de roupa composta de CORES DELICADAS, SINTÉTICOS RESISTENTES ou FIBRAS MESTURADAS.
• DELICADO/ LÁ (DELICADO/LANA)
Para unha carga de roupa composta de CORTINAS, TÉXTILES DELICADOS, ROUPA FRÁXIL ou LÁS «LAVABLES A MÁQUINA».
Nota: Programa con acción mecánica baixa e centrifugado moi suave que respectan a natureza da súa roupa.
Para unha carga de roupa composta de SEDA ou de TÉXTILES PARTICULARMENTE DELICADOS.
Nota: Programa con acción mecánica moi baixa e que non comporta centrífugados intermedios durante os aclarados.
O ciclo remata cunha fase de centrifugado moi suave e progresivo limitada a 600 rpm.
Este programa permítelle refrescar unha carga de roupa pouco sucia de 2,5 kg composta de ALGODÓN, BRANCA, CORES ou SINTÉTICOS RESISTENTES.
A súa duración limítase a 30 minutos. Neste programa, a temperatura de lavado prográmase automaticamente a 40 °C.

Importante:
Para este programa, as doses do deterxente deben ser reducidas ade.
- baleirado só (opción «secado rápido»)
- anti-enrugas.
- Centrifugado só (Centrifug.)
En caso dun «aclarado só» seguido por un centrifugado ou un «centrifugado só», procure elixir correctamente unha velocidade de centrifugado adaptada á natureza da roupa introducida na máquina.
Especialmente concibido para roupa sucia (barro, sangue...). Unha primeira inmersión en auga fría específica precede a unha fase de quecemento a 30 °C.
É necesario introducir deterxente no compartimento «|» da caixa
de produtos.
Con esta opción, a roupa lavarase dunha forma máis suave usando a mesma potencia. A velocidad de centrífugado reducese para que a roupa teña menos enrugas.
• Aclarado extra (aclarado extra)
«Especial peles sensibles e alérxicas» : engade un aclarado suplementario ao ciclo de lavado.
Esta función, para a roupa máis delicada, permite suprimir o centrifugado e pasar directamente á fase de baleirado da lavadora.
• Antienrugas (anti-arrugas)
Esta función permite sacar roupa da súa lavadora antes da fase de centrifugado ou diferir esta fase de centrifugado, isto permite que a súa roupa quede na auga para evitar que se enrugue.
Nota: cando a máquina está parada co tambor cheo de auga, as luces de
— se desexa efectuar un baleirado con centrifugado, elixa, mediante o selector 2 unha velocidade de centrifugado adaptada á natureza da roupa.
O programa rematará automaticamente.
— se só desexa efectuar un baleirado, elixa, mediante o selector 2 a función «secado rápido» (posición «0»).
Antes de apertar sobre a tecla «inicio/pausa» ① ④, todas as modificacións son posibles.
- Tralo arranque do ciclo:
A súa nova selección ha de ser validada premendo a tecla «inicio/pausa» ① 4.
A máquina pode entón, eventualmente, baleirar unha parte da súa auga.
Dependendo do seu modelo, as modificacións seguintes son posibles sen premer a tecla «inicio/pausa» ① ④.
Se a temperatura alcanzada polo ciclo de lavado é superior á da súa elección, para inmediatamente o quencemento da auga e o ciclo continúa.
— Pode seleccionar “Secado rápido” («0») e unha parada tambor cheo (Antienrugas) durante todo o tempo do lavado.
— Pode activar a opción «Aclarado Extra» até o inicio do aclarado.
— Pode desactivar todas as opciones durante todo o ciclo na medida en que a súa acción ainda non se rematou.
- En fi n de ciclo:
Cando a luz de «Fin» se encende, pode programar un novo ciclo sen ter que colocar o selector 1 sobre a posición «O». Para iso, abonda con virar un dos selectores ou premer sobre unha das teclas.
A luz de «Lava» começa a poñerse intermitente.
A máquina está entón lista para unha nova programación.
Segundo o momento do ciclo no que desexe abrir a tapa, este prazo pode ser máis longo xa que se necesita engadirlle un período de refrixeración.
A súa lavadora sabe detectar unha producción de escuma demasiado alta durante o centrifugado.
Neste caso, párase o centrifugado e baléirase a máquina Logo, o ciclo volve ao seu curso adaptando as cadencias de centrifugado e engadindo eventualmente un aclarado suplementario.
• LIMPEZA DO FILTRO DE BOMBA
Este filtro recupera os obxectos pequenos que puido deixar sen querer nas prendas e evita que difi culten o funcionamento da bomba.
— abra as portas do tambor. No fondo deste, ve aparecer unha peza de plástico A (Debuxo D15)
— desbloquee esta peza (Debuxo D16).
Para iso:
- introduza unha vara pequena (un lapis ou un desaparafusador, por exemplo) no buraco situado sobre a peza A
Polas aperturas que quedaron libres tras quitar a peza A, ten acceso ao il tro da bomba B.
— saque os diferentes obxectos que se atopan no seu interior
— volva colocalo no seu sitio empuxándoo a fondo no seu aloxamento tras verifi car a súa limpeza.
— volva colocar a peza A no seu sitio procurando situala correctamente nas aperturas no fondo do tambor e empuxándoa cara á esquerda até que estea perfectamente enganchada (Debuxo D19).
• LIMPEZA DO APARELLO
Importante:
Para a limpeza da carrocería, do panel de mandos, e, en xeral, de todas as pezas de plástico, utilice unha esponxa ou un trapo humedecido con auga e xabrón líquido unicamente.
Para garantir unha mellor hixiene, recomendámoslle :
— deixar a tapa aberta algún tempo despois do lavado,
— limpar, máis ou menos unha vez ao mes, as partes de plástico e de caucho de acceso ao tambor, mediante un produto lixeiramente clorado.
Para eliminar todos os residuos deste produto, efectúe un aclarado,
— facer un ciclo de lavado a 90°C cando menos unha vez ao mes.
• LIMPEZA DA CAIXA DE PRODUTOS
Para evitar os estragos provocados pola auga, recomendámoslle verificar regularmente o estado dos tubos de entrada de auga e de baleirado. Se comproba que hai algunha fenda, non dubide en cambialos por tubos idénticos disponibles no fabricante ou no seu Servizo pos-venda. Para o cambio do tubo de entrada de auga, remítase ao capítulo «ALIMENTACIÓN CON AUGA FRÍA».
Atención: Para a súa
Para a súa seguridade, a substitución do cable eléctrico ou, segundo o seu modelo, da totalidade da caixa eléctrica e do seu cable asociado, debe efectualas obrigatoriamente o servizo pos- venda do fabricante ou un profesional cualiado.



— O aparello non ten alimentación eléctrica.
- Fórmase unha charqueira de auga ao redor da máquina

Atención:
Primeiro quite a toma de corrente ou corte o fusible spondente e peche a billa da toma de auga.
Durante o funcionamento do aparello, o control constante do nivel impide que a auga se desborde. Se, malia isto, sae auga da máquina, é posible que:
— a cruceta de baleirado estea mal situada no conduto de desaugue.
— as conexións do tubo de entrada de auga á máquina e á billa non sexan estancas
- verifi que o estado das xuntas e aperte as conexións de rosca.
- Fortes vibracíóns durante o centrifugado
- coloque o aparello sobre os seus pés empuxando a panca de colocación sobre rodiñas cara á dereita.
— O fi ltro da bomba de baleirado está tapado:
— O tubo de desaugue está pregado ou esmagado.
• A tapa non se abre
– O programa aínda non rematou.
— a súa máquina non funcionou dende hai moito tempo.
En todos os casos, arránxase todo trala primeira apertura.
Importante:
Como norma xeral, e sexa cal for a anomalía constatada, convén parar a máquina, desenchufar o cable de alimentación eléctrica e pechar a billa da toma de auga.
• SERVIZO POS-VENDA:
As intervencións que requira a lavadora deberán ser efectuadas por:
-O vendedor
O seu aparato detecta só certos incidentes de funcionamento e sinálaos por mensaxes específi cas que aparecen na pantalla.
Mensaxes Causas/soluciones
![]() ![]() | A billa da toma de auga está pechada. Verifique a apertura da billa de entrada da auga, e despois, prema de novo a tecla «inicio/pausa» para volver começar o ciclo. Este incidente tamén pode ser provocado por unha conexión incorrecta do tubo de baleirado (ver capítulo «EVACUACIÓN DAS AUGAS USADAS»). |
![]() ![]() | O filtro da bomba está tapado. Limpe o filtro da bomba (ver maneira de proceder no capítulo «LIMPEZA DO FILTRO DA BOMBA»), e despois prema de novo a tecla «inicio/pausa» para volver começar o ciclo. Verifi que tamén a posición do tubo de baleirado no conduto de evacuación; a conexión non ha ser estanca (ver capítulo «EVACUACIÓN DAS AUGAS USADAS»). |
![]() ![]() | Tubo de baleirado mal colocado. Verifique a posición do tubo de baleirado no conduto de evacuación; a conexión non ha ser estanca (ver capítulo «EVACUACIÓN DAS AUGAS USADAS»). |
![]() ![]() | Tambor bloqueado. Verifique se unha prenda (por exemplo, un pano, escarpín, ...) pasou entre a cuba e o tambor e bloquea a súa rotación Para acceder ao fondo da cuba véxase o capítulo «LIMPEZA DO FILTRO DA BOMBA». |
![]() ![]() | Tapa mal pechada. Verifique o peche da tapa e logo prema de novo a tecla «inicio/pausa» para volver começar o ciclo. |
- Incidentes sinalados que precisan dun técnico de reparacións
O seu aparello tamén é quen de detectar algúns fallos que de xeito sistemático precisan os servizos dun técnico de reparacíos.

Neste caso, estas son as tres luces que se poñen intermitentes de xeito simultáneo.
Nota:
Se experimenta un incidente distinto aos indicados anteriormente, aconsellámoslle que antes de chamar ao servizo técnico proceda como segue:
Non volver iniciar un ciclo de lavado se o tambor está bloqueado ou se constata a presenza de auga ao redor da súa lavadora ou un cheire a queimado.









