FVH600R - Cociña FAGOR - Manual de usuario gratuíto
Atopa gratuitamente o manual do dispositivo FVH600R FAGOR en formato PDF.
Preguntas dos usuarios sobre FVH600R FAGOR
0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.
Facer unha nova pregunta sobre este aparello
Descarga as instrucións para o teu Cociña en formato PDF de balde! Atopa o teu manual FVH600R - FAGOR e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. FVH600R da marca FAGOR.
MANUAL DE USUARIO FVH600R FAGOR
Manual de instrucións
1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección.
1.2 Encaixe no moble. Ten sempre en conta os datos da placa de características (1.2.1) e as medidas do moble no que se vai a encaixa-la placa (1.2.2, 1.2.3). Se non vas a colocalo forno debaixo da placa, debes instalar unha táboa protectora segundo as medidas indicadas (1.2.4). Pega a xunta de espuma ó longo do contorno exterior da placa para lograr unha boa fi xación (1.2.5). Dálle a volta á placa e introducea no oco (1.2.6). Suxéitaa ó mobile cos catro enganches proporcionados (1.2.7). Non utilice materiais non removibles coma a silicona.
1.3 Conexión á rede eléctrica. A placa proporciónase con cable de alimentación.
- Se o tipo de conexión é distinto a 220-240V\~, retira o cable e realiza a conexión segundo os esquemas (1.3.3, 1.3.4).
| 220-240V 3~ Int. nominal por fases |
| Placa de 60 cm 14 A |
| Placa >60cm 16,5 A |
| 380-415V 3N~ Int. nominal por fases | |
| Placa de 60 cm | 11 A |
| Placa >60cm | 13 A |
| 380-415V 2N~ Int. nominal por fases | |
| Placa de 60 cm | 16 A |
| Placa >60cm | 19 A |
Este aparato é conforme ás directivas europeas 73/23/CEE e 89/336/CEE
Recomendación: A instalación da placa débese efectuar por un instalador autorizado, que seguirá as instrucións e esquemas do fabricante.

text_image
2 UsoCon vitrocerámica son válidos os recipientes de barro, cobre ou inoxidable. Os de aluminio non son aconsellables porque poden formar manchas sobre o vidro da placa.
2.1 Selección da zona de cocción. Dispós de varios focos para coloca-los recipientes. Elixe o máis axeitado en función do tamaño do recipiente.
2.2 Acendido da placa. Pulsa durante 3 segundos para acende-la placa, activanse os das distintas zonas de cocción.
Nota: Se tardas máis de cinco segundos en selecciona-lo foco, a placa apágase automaticamente, coma medida de seguridade.
2.4 Selección da potencia. Axústaa deslizando o dedo pola barra (2.4.1) ou pulsando + ou — (2.4.2, 2.4.3).
FOCOS ESPECIAIS
2.5 Foco dobre, foco triple. Despos de selecciona-la potencia, pulsa , e accionarase o foco dobre (2.5.1, 2.5.3). Se pulsa de novo (2.5.2) ou (2.5.4) accionarase o foco triple. Para anular, pulsa ( , , , , ).
2.6 Foco fonte. Este foco pódelo utilizar de forma circular ou de forma conxunta, coma foco fonte. Pulsa para activalo e púlsao de novo para desactivalo.
Recomendación: nos modelos con focos halóxenos, a luz é tan intensa que se aconsella non mirar fi xamente cando está en funcionamento sen o recipiente.
FUNCIÓNS DE TEMPO
2.7 Posta en hora Ⓛ . Ó conecta-la placa, os díxitos do reloxo escintilan e marcan as 12.00 (2.7.1). Axusta a hora coas teclas + , - (2.7.2). Realiza a mesma operación cada vez que se desconecte ou haxa un corte de subministro eléctrico.
Para cambia-la hora pulsa durante cinco segundos a tecla (2.7.3). A hora empezará a escintilar e oirás un asubío, axústaa coas teclas + , —
Modelos dfghkmo: Unha vez activado un foco e seleccionada a potencia, pulsa a tecla + sobre o reloxo. Aparece 00 e unha t en cada foco (2.8.6). Pulsa + do foco que se vai a temporizar e t escintilará (2.8.7). Selecciona o tempo con + , -
Nota: O temporizador apagarase automaticamente se tardas máis de 10 segundos en selecciona-lo tempo.
Modelos e: Unha vez activado un foco e seleccionada a potencia, pulsa de novo a tecla de selección do foco que se vai a temporizar, aparece unha. (2.8.11). Selecciona o tempo con +, - (2.8.12) e valídao pulsando de novo a tecla do foco temporizado (2.8.13). A potencia visualizarase cun punto que indica que o foco está temporizado. Un sinal acústico e unha indicación - advirten que o tempo concluíu (2.8.14). Pulsa calquera tecla e o sinal acústico desaparecerá.
Nota: O temporizador apagarase automaticamente se tardas máis de 10 segundos en seleccionar o tempo.
Consideracións sobre a temporización: Se o nivel de potencia é 9, o máximo tempo que se vai a temporizar será de 60 min. Se é distinto, o máximo poderá ser 99 min.
Unha vez concluído o tempo, a alarma soará mentres non pulses ningunha tecla.
Modelos abc: Activa un foco e leva a barra á máxima potencia. Pulsa ||D> e aparece unha R no display do foco seleccionado (2.9.1). Tes cinco segundos para selecciona-lo nivel desexado, recoméndase que estea entre os niveis 3 e 6 (2.9.2). Tras cinco segundos, o quentamento rápido queda validado e visualizarase R e a potencia de forma alternativa. Alcanzada a temperatura máxima, desaparece R quedando a potencia de mantemento. O foco seguirá funcionando de forma convencional. Se desexas cancelar o quentamento rápido pulsa a icona do foco programado e selecciona unha nova potencia.
Modelos dfghjklmo: Selecciona un foco e pono á máxima potencia pulsando + ata visualizar un 9 e un punto 9. (2.9.3). Regula a potencia pulsando —, recoméndanse os niveis 3 a 6 (2.9.4). Tras cinco segundos, o quentamento rápido queda validado e visualizarase a potencia seguida dun punto (2.9.5). Alcanzada a temperatura máxima, o punto decimal desaparece e o foco seguirá funcionando de forma convencional. Para cancela-la función, pulsa a tecla do foco programado e selecciona unha nova potencia.
2.10 Vitros con mandos. Asegúrate de que o foco que vas a accionar corresponde ó foco que queres utilizar (2.10.1). Xira o mando á posición desexada e acenderase o piloto de funcionamento (2.10.2) que tamén sinala a calor residual cando o foco se apaga.
Nos modelos con foco dobre ou foco fonte, xirando o mando á esquerda, regulase unha parte do foco e xirando o mando á dreita, regulase o foco enteiro (2.10.3).
2.11 Apagado do foco. Selecciona a potencia do foco que desexas apagar.
2.12 Calor residual. Despois de utiliza-la placa, os focos mantéñense quentes por un tempo que varía en función da potencia seleccionada e visualizase unha H ou un punto nos focos ainda quentes. No toques eses focos, existe risco de queimarse.
2.13 Función bloqueo. Para evitar manipulacións por parte dos nenos. Mantén pulsada a tecla durante 3 segundos e activara-lo bloqueo. Para desbloquealo, repite a operación.
Recomendacíóns:
- Os recipientes de aluminio non son aconsellables, pois poderían formar manchas sobre o vidro, a non ser que teñan fondo con protección de aceiro inoxidable.
- Os focos de calor non deben funcionar sen recipiente.
- A base do recipiente debe ser plana e estar seca.
- Coida que os diámetros dos recipientes sexan maiores ou iguais ó foco que se vai a utilizar e centrao sobre o foco de calor.
- Procura non move-los recipientes, podería raiarse o vidro.
- Utiliza o aparato só para a preparación de alimentos. Non utilice-la placa coma mesa de trabajo.
- Non vertas auga fría directamente na placa cando estea quente.
Atención: O funcionamento descontinuo das zonas de cocción, non é unha avaría. Funcionan en períodos de acendido e apagado máis ou menos longos en función da potencia desexada.

text_image
3 Mantemento e limpeza• Non utilices un limpador de vapor.
- Limpa a miúdo a superfi cie da túa placa cando xa estea fría. Non utilices produtos ou esponxas abrasivas. Limpa cun pano húmido e auga xabonosa (3.1.1).
- Unha vez á semana, limpa en profundidade con produtos específi cos para vitrocerámicas. Recomendámosche VITRO-CLEN para a limpeza e conservación da túa vitrocerámica.
- As sucidades fortemente adheridas eliminanse coa raspa de vidro (3.1.2).
- Se por descoido se queima azucre, elementos azucrados ou plástico sobre a placa, eliminaos canto antes cunha raspa ainda en quente. De non facelo, poden quedar manchas permanentes.
- Utiliza a coitela da rapa en perfecto estado, substitúa no caso de que presente algún deterioro.
4
Seguridade

- O circuito da rede que alimenta a placa, debe ter un interruptor de corte omnipolar de, polo menos, 3 mm de separación entre contactos.
- A instalación da placa débea efectuar un instalador autorizado que seguirá as instrucións e esquemas dos fabricantes.
- A instalación debe estar dimensionada á potencia máxima indicada na placa de características e a toma de corrente con toma de terra regramentaria.
- Se o cable está danado, debe ser substituído polo seu servizo postventa ou persoal cualifi cado similar co fi n de evitar un perigo.
- O foco está equipado cun limitador de temperatura interior que desconecta o foco en caso de que a placa se quente excesivamente.
- Despois de cada utilización, desconecta o foco mediante o seu control.
- Se a superfi cie do vidro se fende ou rompe, desconecta de inmediato o aparato da rede para evitar un posible choque eléctrico. Non utilíce-la placa ata cambia-lo vidro (4.1.1).
- No caso de desbordamento sobre as teclas de mando, a placa párase e emite un sinal acústico (4.1.2).
- Se mantés pulsado algún sensor demasiado tempo ou hai algún obxecto activando os sensores, a placa párase e emite un sinal acústico (4.1.3).
- Non coloques recipientes co fondo quente sobre os sensores, pódeste queimar ó pulsalos (4.1.3).
- Manter afastados ós nenos pequenos, as superfi cies de quentamento pódense quentar fortemente durante o seu funcionamento. Utiliza o sistema de bloqueo para evitar que podan xogar cos mandos.
- Este aparato non está destinado a ser utilizado por persoas con capacidades reducidas.
- Permanece sempre nas inmediacíos ó cociñar pratos ou alimentos con graxa ou aceite. A calor excesiva pode facer que se infl amen.
- Se a placa está instalada por riba dun caixón, non se deberán gardar obxectos infl amables.
5
Medio ambiente

A placa foi deseñada pensando na conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente. Utiliza as potencias adecuadas para cada cocción e selecciona os recipientes de tamaño adecuado ás cantidades de alimento que se vaian a preparar. Cando o fondo do recipiente e o diámetro da zona de cocción teñen o mesmo tamaño, a transmisión de calor é óptima. Ó termina-la cocción, se o desexas, deixa o recipiente no mesmo lugar para utiliza-la calor residual acumulada. Deste xeito, aforrarás enerxía.
Utiliza unha tapa sempre que podas para reducila perda de calor por evaporación.
Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiríche-la placa.