FAGOR IF330 S - Cociña

IF330 S - Cociña FAGOR - Manual de usuario gratuíto

Atopa gratuitamente o manual do dispositivo IF330 S FAGOR en formato PDF.

📄 58 páxinas Galego GL Descargar 💬 Pregunta IA 10 preguntas ⚙️ Especif.
Notice FAGOR IF330 S - page 51
Pick your language and provide your email: we'll send you a specifically translated version.
Tipo de produto Mesa de cociña por indución
Modelo IF330 S
Marca Fagor
Alimentación eléctrica 220-240 V, 50/60 Hz (cable incluído)
Número de lumes 4 lumes (segundo configuración)
Tipo de lumes Indución con lume dobre e lume Zona
Funcións especiais Booster, Acceso directo, Total, Programación diferida, Quecemento rápido (P)
Temporizador Integrado con parada automática
Bloqueo de seguridade infantil Si
Detección de recipiente Si (só recipientes ferromagnéticos)
Parada automática Si (de 1 a 10 horas segundo potencia)
Protección contra rebordamento Si (parada automática se tecla cuberta)
Indicador de calor residual Si (símbolo H)
Dimensións de encastre Consultar o esquema do manual (non dispoñible aquí)
Material da superficie Vitrocerámica
Limpeza e mantemento Pano húmido, produto específico para vitrocerámica, raedor
Pezas de recambio Cable de alimentación, xunta de estanquidade, clips de fixación
Reparabilidade Servizo de Atención ao Cliente autorizado Fagor
Compatibilidade con marcapasos Conforme ás normas electromagnéticas (consulta médica recomendada)

Preguntas frecuentes - IF330 S FAGOR

Que recipientes usar na mesa de indución ?
Use recipientes de fondo ferromagnético (o imán debe adherirse ao fondo). Os recipientes de cerámica, cobre ou aceiro inoxidable tamén son axeitados para os lumes radiantes. Evite o aluminio que pode manchar o vidro.
Que facer se a mesa non se acende ?
Comprobe a conexión eléctrica e os fusibles/disxuntores. Se a pantalla mostra ^07, desbloquee a seguridade infantil. Se persiste unha mensaxe de erro, contacte o Servizo de Atención ao Cliente.
Como usar a función Booster ?
Acenda o lume premendo en , despois prema Booster. A pantalla mostra l. Atención: a potencia máxima do lume adxacente está limitada a 6 cando Booster está activo.
Como bloquear a mesa de cociña para a seguridade infantil ?
Manteña premida a tecla durante 3 segundos para activar o bloqueo. Para desactivar, repita a mesma operación.
Que significa o símbolo H mostrado na mesa ?
O símbolo H indica que a zona de cocción aínda está quente despois do uso. Non toque a zona ata que o símbolo desapareza.
Como limpar a mesa vitrocerámica ?
Limpe inmediatamente os rebordamentos cun pano húmido ou papel absorbente. Para manchas persistentes, use un produto específico para vitrocerámica e un raedor. Non use produtos abrasivos nin cepillos metálicos.
Por que a mesa emite un zumbido durante a cocción ?
É normal, especialmente a potencia elevada. Isto débese ao acoplamento de frecuencias entre os lumes e os recipientes. Ningunha preocupación.
Como programar a parada automática dun lume ?
Seleccione o lume, axuste a potencia, despois use as teclas + e - do temporizador para escoller a duración. Unha vez transcorrido o tempo, o lume apágase automaticamente cun sinal sonoro.
A mesa apágase soa, é normal ?
Si, a mesa dispón dunha parada automática de seguridade (1 a 10 horas segundo a potencia). Ademais, en caso de rebordamento ou obxecto sobre as teclas, apágase automaticamente.
Podo usar un recipiente de aluminio ou cobre nun lume de indución ?
Non, só os recipientes ferromagnéticos funcionan nos lumes de indución. Os recipientes de aluminio non se detectan e poden manchar o vidro.

Preguntas dos usuarios sobre IF330 S FAGOR

0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.

Facer unha nova pregunta sobre este aparello

O correo electrónico permanece privado: utilízase só para avisarche se alguén responde á túa pregunta.

Aínda non hai preguntas. Sé o primeiro en facer unha.

Descarga as instrucións para o teu Cociña en formato PDF de balde! Atopa o teu manual IF330 S - FAGOR e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. IF330 S da marca FAGOR.

MANUAL DE USUARIO IF330 S FAGOR

Manual de instrucións

Moi importante: Le integramente este manual antes de utilizares túa placa.

Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.

FAGOR IF330 S - Manual de instrucións - 1

Identifi cación
FAGOR IF330 S - Manual de instrucións - 2

Identifica o modelo da túa placa ("a", "b", "c", "d", "e", "f", "g", "h", "i", "j", "k", "l") comparando o número e disposición dos focos do teu aparello co das ilustracións.

FAGOR IF330 S - Manual de instrucións - 3

Instalación
FAGOR IF330 S - Manual de instrucións - 4

1.1 Desembalaxe. Retira todos os elementos de protección.
1.2 Encaixe no moble. TTen sempre en conta os datos da placa de características (1.2.1), as zonas de ventilación (1.2.2) e as medidas do moble no que se vai encaixar a placa (1.2.3). Pega a xunta de escuma ao longo da contorna exterior da placa para lograr unha boa estanquidade (1.2.4). Dá a volta á placa e introduícea no oco (1.2.5). Suxéitaa ao mobile cos catro enganches subministrados (1.2.6). Asegúrate de que pode circular aire desde a parte traseira da placa e que é expulsado pola dianteira (1.2.7).
1.3 Conexión á rede eléctrica. A placa subminístrase con cable de alimentación. Verifi ca que tipo de cable ten a placa. Clasifi ca por número de fíos e identifi ca as cores: Cable de 3 fíos (1.3.1) a) verde amarelo, b) azul, c) marrón. Cable de 5 fíos (1.3.2) a) verde amarelo, b) azul, c) marrón, d) negro, e) gris. Cable de 8 fíos (1.3.3) a) verde amarelo, b) azul, c) marrón, d) negro, e) gris.

Recomendación: Cómpre que a instalación da placa a efectúe un instalador autorizado, que seguirá as instrucíos e esquemas do fabricante. Se se monta un forno doutra marca, cómpre que o forno estea illado da placa. A placa de indución non se debe instalar enriba dun lavalouzas, lavadora, neveira ou conxelador. Non utilizar materiais non removibles como a silicona. A distancia entre o borde da placa e a parede lateral ou traseira debe ser, como mínimo, de 40 mm.

FAGOR IF330 S - Manual de instrucións - 5
Uso

FAGOR IF330 S - Manual de instrucións - 6

Antes de utilizares a túa nova placa por primeira vez ten en conta que a indución é unha tecnoloxía que transmite directamente o calor ao recipiente, polo que todos os recipientes que utilices deben ter unha base ferromagnética.

2.1 Escola do recipiente. É moi importante escoller o tipo de recipiente que se debe usar co obxecto de conseguir o mellor rendemento da placa, así como os mellores resultados na elaboración dos alimentos. En principio, calquera recipiente ao que o imán quede adherido no seu fondo é válido para a indución (2.1.1). Introduce o alimento que se vai cociñar no recipiente. Nunca poñas a quentar en baleiro o recipiente (2.1.2). Nos focos radiantes vitrocerámicos, ademais dos recipientes para indución, tamén son válidos os de barro, cobre ou inoxidable. Os de aluminio non son aconsellables porque poden formar manchas sobre o vidro da placa.

2.2 Selección do foco. Dispós de varios focos para colocar os recipientes □ □ □ □ Selectiona o que che interesa en función do tamaño do recipiente. Se a base do recipiente é moi pequena, o indicador de potencia escintila e non funciona o foco aínda que sexa material válido para indución. Asegúrese de non utilizar recipientes cun diámetro inferior no fondo ao detallado na táboa.

∅ do foco ∅ mín.fondo recipiente
16 cm 10 cm
18 cm 12 cm
21 cm 18 cm
28 cm 12 cm
Sección Zone 12 cm
Zone completo 18 cm

Recomendación: Non arrastrar os recipientes; podería rascarse o cristal da placa.

Non colocar na superfi cie de traballo obxectos metálicos como coitelos, garfos ou tapas, xa que se poderían quentar.

2.6 Foco dobre vitrocerámica: Pon a zona principal á máxima potencia (2.6.1). Un impulso adicional en +accionará a zona dobre (2.6.2) e un sinal sonoro e un punto na pantalla confi rmarán a súa instrución; xa pode regular a potencia como necesite + , — . Para apagar a zona dobre, pulse en parada e despois en marcha ① , e regule a súa potencia + , —
2.7 Foco Zone: Este foco podes utilizalo de forma independente, como dous focos unitarios □ □ ou de forma conxunta, como un único foco □ . Pulsa a tecla ① do foco que desexes utilizar e sigue os pasos do punto (2.4) para seleccionar potencia e (2.5) para seleccionar a duración.

FUNCIÓNS ESPECIAIS

2.8 Función Acceso directo ▶ . Permite acceder directamente a unha potencia seleccionada.

Co foco aceso pulsa e accederás á potencia que é a predeterminada polo fabricante (2.8.1). Para modifi cala ten o foco apagado (sen activar) e mantén pulsado durante uns segundos ata que soe un bip e escintile. Selecciona a nova potencia desexada pulsando +, -. Valida pulsando de novo a tecla (2.8.2, 2.8.3, 2.8.4).
2.9 Función Total←Total→. Permite acceder a un cambio de potencia nun tempo seleccionado. Co foco aceso ⓘ e a unha potencia determinada + , pulsa ←Total→ (2.9.1). Selecciona a nova potencia coas teclas + , -(2.9.2) e o tempo con + , -cobre o símbolo do ⓘ (2.9.3). Valida pulsando de novo a tecla ←Total→

2.11 Programación diferida Permite axustar a hora de fi nalización e duración do cociñado. Non se pode utilizar máis dun foco á vez.

Co foco aceso 📋, pulsa Ⓧ (2.11.1), e verás a hora actual. Se a hora non é correcta, axústaa coas teclas + , -de potencia para os dous díxitos da hora (2.11.2) e coas teclas + , -sobre o símbolo do 📋 para os dous díxitos dos minutos (2.11.3). Valida a hora pulsando a tecla Ⓧ (2.11.4). A continuación axusta de igual xeito a hora de fi nalización de cociñado (2.11.5, 2.11.6) e valida pulsando Ⓧ (2.11.7). Axusta a duración de cociñado coas teclas + sobre o símbolo do 📋 (2.11.8) e valida pulsando Ⓧ (2.11.9). Selecciona a potencia pulsando + , - (2.11.10) e valida pulsando Ⓧ (2.11.11). Verás Au 📋 e seguidamente apagarase e quedará só un punto vermello (2.11.12).

Nota importante: A programación diferida non se poderá utilizar ao mesmo tempo en máis dun foco. Os valores de finalización, duración e potencia desexados débense ir axustando mentres os díxitos están intermitentes.

OUTRAS FUNCIÓNS

P.: Permite obter unha maior potencia durante un tempo determinado. Pulsa + ata a posición P(2.12,1). Solta o mando e a Pescintilará (2.12.2). Pulsa de novo + e porase en posición Pmáxima potencia (2.12.3). Pulsa -e selecciona a potencia desexada (2.12.4). Verase P.(2.12.5). Cando remate o tempo pertinente, volve á potencia seleccionada.

Recomendacións: Despois de seleccionar a potencia P. se non escolles unha potencia de trabajo fi nal, o foco apagarase.

2.13 Función bloqueo: Para evitar manipulacións por parte dos nenos, ten pulsado durante 3 segundos a tecla e activarás o bloqueo. Para desbloquealo, repite a operación.

2.14 Sinal sonoro: Para desactivar o sinal, a placa ten que estar apagada. Actúa sobre o foco inferior dereito da placa, pulsando simultaneamente as teclas + de potencia e de tempo ata que vexas bE EP, mantén pulsadas as teclas ata que desaparezan os díxitos (2.14.1). Para activar repite a operación.

Recomendacións: Utiliza preferentemente zonas de cocción situadas en lados diferentes.

Advertencias: Se deixas algún obxecto enriba dos sensores, a placa emitirá sons e apagarase.

A placa apágase automaticamente despois dun tempo estimado de seguridade, que varía segundo a potencia seleccionada (de 1 a 10 horas).

Ao ferver líquidos en potencias altas, escoitarase un zunido debido ao encaixe das frecuencias dos focos. É normal.

Ao non se quentar moito o vidro nas placas de inducción, a limpeza é sinxela. Non obstante, limpa canto antes os derrames e salpicaduras cun pano húmido ou cun trapo de papel laminado. Para sucidade máis resistente, utiliza produtos especifi cos para vitrocerámicas.

Nos modelos mixtos con focos radiantes, o vidro atinxe unha temperatura elevada; procura limpar o antes posible e evita que os derrames sequen. Para limpar as manchas requentadas utiliza unha esponxa con auga xabonosa e un rascador especial para vidros.

Non utilices un limpador de vapor.

Saltan os diferenciais. Verifi ca a conexión.

Nas primeiras coccións emana olor. Quenta unha cazola chea de auga en cada foco durante 1/2 hora.

A placa non funciona e aparece unha mensaxe. Chama o servizo técnico.

Non funciona e aparece 📄. Desbloquea a seguridade para nenos (4.1.1).

Non funciona e aparece _ou F7e un sinal sonoro. Limpa ou retira os obxectos que se encontren sobre os sensores (4.1.2).

Aparece _ou F7. Os circuitos electrónicos requentáronse (4.1.3).

Despois de apagar a placa, a ventilación continúa. É normal, permite o arrefriamento dos circuítos electrónicos.

5

Seguridade

FAGOR IF330 S - Seguridade - 1

  • Cómpre que o circuíto da rede que alimenta a placa teña un interruptor de corte omnipolar de, polo menos, 3 mm de separación entre contactos.
  • A instalación debe estar dimensionada á potencia máxima indicada na placa de características e a toma de corrente con toma de terra regulamentaria.
  • Se o cable está danado, debe ser substituído polo seu servizo posvenda ou persoal cualifi cado semellante, co fi n de evitar un perigo.
  • Os focos de inducción disponen dun sistema de detección de recipientes. Só quentar se hai un recipiente.
  • Despois de cada utilización, desconecta o foco mediante o seu control, Non confíes no detector de recipientes.
  • Se a superfi cie do vidro se agreta ou rompe, desconecta de inmediato o aparello da rede para evitar un posible choque eléctrico. Non utilices a placa ata cambiar o vidro.
  • Mantén afastados os nenos pequenos e utiliza o sistema de bloqueo para evitar que poidan xogar cos mandos.
  • Este aparello non está destinado a ser utilizado por persoas con capacidades reducidas.
  • Cómpre que a instalación da placa a efectúe un instalador autorizado, que seguirá as instrucíos e esquemas do fabricante.

  • Despois dunha utilización intensiva, a zona de cocción pode continuar quente e verase un H. Evita tocar esas zonas (5.1.1).

  • Protección en caso de desbordamento: En casos de desbordamento ou obxectos que cubran ou se coloquen sobre os sensores, vese -, soa un asubío e a placa párase. Limpa ou retira o obxecto e volve pór a placa en marcha (5.1.2, 5.1.3).
  • Desconexión automática: Se te esqueces de apagar o foco, este apágase automaticamente nun período comprendido entre 1 e 10 horas segundo a potencia seleccionada.

Importante. Á atención de usuarios con estimuladores cardíacos e implantes activos: O funcionamento da placa é conforme ás normas de perturbacions electromagnéticas en vigor (directiva 2004/108/CE). Foi deseñada para non interferir no funcionamento dos demais aparellos eléctricos na medida en que estes respecten esa normativa. A placa de indución xera campos magnéticos na súa contorna máis próxima. Para que non haxa interferencias entre a placa e un estimulador cardíaco, este debe ter sido deseñado de conformidade coa normativa que o contempla. Polo que se refi re ao estimulador ou posibles conformidades, podes consultar o fabricante ou o teu médico.

FAGOR IF330 S - Seguridade - 2

Medio ambiente

FAGOR IF330 S - Medio ambiente - 1

A placa foi deseñada pensando na conservación do medio ambiente.

Respecta o medio ambiente. Utiliza as potencias axeitadas para cada cocción. Ao rematar, se o desexas nos modelos con focos radiantes pon o recipiente no mesmo lugar para utilizar o calor acumulado; deste xeito aforrarás enerxía.

Utiliza unha tapa sempre que poidas para reducir a perda de calor por evaporación.

Non elimines os aparellos mesturándoos con residuos domésticos xerais.

Para máis información, contacta coas autoridades locais ou establecemento onde adquiriches a placa.

Asistente de manual
Impulsado por Anthropic
Agardando a túa mensaxe
Información do produto

Marca : FAGOR

Modelo : IF330 S

Categoría : Cociña