MANUAL DE USUARIO FFA6715X FAGOR
O aire debe circular pola parte traseira do frigorífico. Deixa 25 mm entre o fondo do frigorífico e a parede. Non tapones o espazo existente entre o teu frigorífico e o chan ou o teito con obxectos.
Combinados, o recinto refrixerador e o recinto conxelador funcionan de forma independente.
2.3 SELECCIÓN DE TEMPERATURA. Xira o mando
(2.3.1) ou pulsa as teclas +, - primeiro, do recinto conxelador e, despois, do recinto refrixerador (2.3.2, 2.3.3).
Unha vez seleccionada a temperatura, podes coñecer a temperatura real do recinto mediante o indicador luminoso (2.3.4) ou pulsando, durante 5 segundos, as teclas + ou - do recinto desexado. A temperatura do recinto escintilará.
Recomendación: Temperatura aconsellada do recinto refrixerador e do recinto conxelador - alimentos xa conxelados. En caso de que queira conxelar, a temperatura recomendada é -24
Non esquezas que a temperatura do interior depende da temperatura ambiente, a ubicación e a frecuencia da apertura.
2.4 Funcións refrixerador.
Función refrixeración rápida: Esta función activa o refrixerador, coa temperatura máis fría, durante 6 horas. Recoméndase activala ao introducir no refrixerador unha grande cantidade de alimentos.
Para activar e desactivar: Pulsa SUPER
Función vacacións: A función vacacións é moi útil, cando non se vai a usar o refrixerador nun longo período de tempo, pero quérese conservar alimentos no conxelador. Con esta función, o teu frigorífico manterá un consumo moi baixo e non xerará olores no seu interior.
Advertencia: Para iso, a porta do frigorífico debe estar pechada.
Para activar e desactivar: Pulsa HOLIDAY (2.4.4) ou as teclas +, - ata visualizar H no display (2.4.5) ou durante 3 segundos (2.4.6). Para desactivar, repite a operación. Algúns modelos permiten un apagado do recinto refrixerador.
Pulsa ON-OFF (2.4.7), ou as teclas +, - (2.4.8, 2.4.9), ata que non se visualice ningún díxito.
2.5 Funcións conxelador.
Función de arrefriamento rápido: Esta función activa o conxelador, coa temperatura máis fría, durante 52 horas. Recoméndase activala 24 horas antes de introducir no conxelador unha gran cantidade de comida.
Para activar e desactivar: Pulsa SUPER.
Conexión/desconexión do conxelador:
Pulsa a tecla ON-OFF (2.5.4), as teclas +, - (2.5.5) ata que non se visualice ningunha temperatura no display ou durante 3 segundos (2.5.6). Ao apagar o conxelador, apagarase tamén o recinto refrixerador.
É recomendable limpar a reixa traseira unha vez ao ano cunha aspiradora.
3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpaos a man con axuda dunha esponxa ou baeta. 3.4 Cambio de lámpada. En caso de que se funda a lámpada: desconecta o frigorífico. Retira a cuberta presionando a pestana (3.4.1, 3.4.3) e extrae a lámpada estropeada (3.4.2, 3.4.4). Substitúea por outra do mesmo tipo de rosca, E14, 220-240V, 15/25W ou segundo indicación da luminaria. 3.5 Cambio de filtro de carbono. O frigorífico pode incorporar un filtro de carbono que absorbe os olores estraños de certos alimentos e retén os microorganismos (fungos e bacterias) do aire en circulación.
O filtro mantén as súas propiedades durante un tempo limitado de 6 meses. Pasado este tempo, recoméndase cambialo por un novo. A súa ubicación varía en función do modelo.
Para activar o filtro: Presiona a pestana e retira a cuberta para acceder ao filtro (3.5.1, 3.5.3). Separa o filtro da tapa (3.5.2, 3.5.4) e retira os precintos (3.5.5).
Presiona o visor BIOFILTER ata escoitar un leve estalo (3.5.6) e, en poucos segundos, a escala de duración empezarase a colorear. Coloca o filtro na súa ubicación orixinal.
Mantén os filtros esgotados e os recambios fóra do alcance dos nenos; inxerilos en grandes cantidades pode ser perigoso.
Non molles o filtro, xa que perderá todas as súas propiedades.
3.6 S.P.A. salus per aquam (opcional)
O teu frigorífico pode incorporar o accesorio S.P.A., que serve para manter un nivel constante de humidade no recinto portaverduras e, así, favorecer que non se resequen os alimentos. Ubícase na xunta de separación do caixón portaverduras (3.6.1). Está composto por un depósito cun vaso vertedor e un nivel indicativo de enchedura. Cando o S.P.A. necesite auga, o nivel baixará ata ocultarse. Extrae o vaso (3.6.2) e úsao para encher o depósito (3.6.3). Recoméndase cambiar o filtro cada 2 anos (3.6.4).
4
Diagnósticos

4.1 Porta aberta. Se mante-la porta aberta máis de 2 horas, soará unha alarma e apagarase a luz do refrixerador. A alarma desconectarase ao pecha-la porta.
4.2 Frío insuficiente no conxelador
- Se a temperatura do conxelador é anormalmente alta, aparecerá unha alarma luminosa (4.2.1, 4.2.2) ou escintilará o icono (4.2.3) e activarase, á vez, unha sinal acústica intermitente. Pulsa SUPER ou o botón indicado para desactivar a sinal acústica de forma manual (4.2.4, 4.2.5, 4.2.6).
- Cando conectes por primeira vez o aparato, aparecerá o icono e a alarma luminosa está activada, pero non soará a alarma.
4.3 Corte de subministro eléctrico
Abre as portas do frigorífico o menos posible. Cando volva a corrente, comproba se os alimentos almacenados se desconxelaron.
- Mantén despexadas as reixas de ventilación.
- Ten coidado de non danar o circuito de refrixeración.
- Non utilices os aparatos eléctricos no interior do frigorífico, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante. Non uses dispositivos mecánicos ou outros medios distintos dos recomendados polo fabricante para acelerar o proceso de desconxelación.
- Este aparato non está destinado ao uso por parte de persoas (incluídos nenos) coas capacidades físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou que carezan de experiencia ou coñecemento, salvo baixo supervisión ou despois de recibir instrucións relativas ao uso do aparato dunha persoa responsable da súa seguridade. Deberase supervisar o uso por parte dos nenos para asegurarse de que non xoguen co aparato.
- Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo fabricante ou polo seu servizo de asistencia técnica ou persoal similar cualificado, co fin de evitar situacións perigosas.

Medio ambiente

Este frigorífico foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente.
Este aparato funciona con refrixerante R600A, que non deteriora o medio ambiente.
Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriches o frigorífico.