DKP1123W - Forno empotrado DE DIETRICH - Manual de usuario gratuíto
Atopa gratuitamente o manual do dispositivo DKP1123W DE DIETRICH en formato PDF.
Preguntas dos usuarios sobre DKP1123W DE DIETRICH
0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.
Facer unha nova pregunta sobre este aparello
Descarga as instrucións para o teu Forno empotrado en formato PDF de balde! Atopa o teu manual DKP1123W - DE DIETRICH e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. DKP1123W da marca DE DIETRICH.
MANUAL DE USUARIO DKP1123W DE DIETRICH
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu frigorífico.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.

Identificación

Identifica o modelo do teu frigorífico ("a", "b", "c", "d", "e", "f") comparando o panel de mandos coas ilustracíos.

Instalación

1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección.
1.2 Ubicación. Coloca o frigorífico lonxe de fontes de calor e protexido dos raios directos do sol para diminuí-lo consumo.
Non instale-lo frigorífico ó aire libre nin exposto á choiva.
O aire debe circular pola parte traseira do frigorífico. Deixa 25 mm entre o fondo do frigorífico e a parede. Non tapóne-lo espazo existente entre o teu frigorífico e o chan ou o teito con ningún obxecto.
Nivela o frigorífico para evitar vibracíos e ruídos. Ten en conta que, se o frigorífico está situado xunto á parede ou algún armario, pode producir pequenos ruídos.
Así mesmo, comproba que as bandexas estean colocadas correctamente e coloca os recipientes separados entre si para evitar vibracions.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousa-lo frigorífico durante, polo menos, 2 horas en posición vertical antes de conectalo. Comproba os datos da placa de características (220-240V con toma de terra) (1.3.1, 1.3.2).
Evita que o cable estea en contacto co motor ou atrapado debaixo do mesmo.
1.4 Cambio de sentido de apertura da porta.
Desconecta o frigorífico da rede eléctrica e
Fai unha amosega para o cable no lado contrario, na zona indicada na carcasa (1.4.6). Monta de novo o portamandos pasando o cable pola amosega realizada (1.4.7).
Retira a cuberta dos parafusos da bisagra central, solta os parafusos e retira a bisagra (1.4.8). Despraza a porta do conxelador cara arriba (1.4.9).
Solta os parafusos da bisagra inferior e retíraa. Cambia a posición do eixe na bisagra e colócaa no lado oposto (1.4.10).
Coloca o tirador inferior do conxelador na porta do refriexerador e o tirador inferior do refriexerador na do conxelador, xirados 180°. Coloca os tiradores verticais no seu lado oposto xirándoos 180° (1.4.11).
Xira os autopeches e coloca o do refixerador no conxelador e viceversa (1.4.12).
Coloca a porta do conxelador (1.4.13) e aparafusa a bisagra central (1.4.14). Coloca a porta do refixerador (1.4.15).
Coloca a cápsula de peche no espazo da bisagra superior do lado oposto (1.4.16). Aperta o conector para enchufalo á porta (1.4.17).
Coloca a bisagra superior e o casquete de xiro introducindo o cable sobrante no portamandos (1.4.18) e coloca os parafusos (1.4.19).
2
Uso

2.1 Encendido do frigorífico. Pulsa ON-OFF (2.1.1), ① (2.1.3) ou as teclas + ou — ata que visualices un díxito no display (2.1.2). Os modelos Mini LCD bloquéanse automáticamente (2.1.3). Para desbloquear, pulsa calquera tecla durante 3 segundos.
2.2 Selección do recinto. Nos frigoríficos combinados, o recinto refixerador □ e o recinto conxelador □ funcionan de forma independente. No modelo a , os dous recintos funcionan de maneira conxunta □
2.3 Selección de temperatura. Xira o mando (2.3.1, 2.3.2). Pulsa as teclas + , — , primeiro, do recinto conxelador e, despois, do recinto refixerador (2.3.3) ou pulsa T° para o recinto conxelador e T° para o recinto refixerador (2.3.4, 2.3.5).
Unha vez seleccionada a temperatura, podes coñece-la temperatura real do recinto mediante o indicador luminoso (2.3.6) ou pulsando, durante 5 segundos, as teclas +, -, T°☐ ou T°☐ do recinto desexado. A temperatura do recinto escintilará. Esta función non está disponible no modelo ☐ a .
Recomendación: Temperatura aconsellada do recinto refixerador 4 e do recinto conxelador -19 para alimentos xa conxelados. En caso de que queira conxelar, a temperatura recomendada é -24.
2.4 Funcións refixerador.
Función arrefriamento rápido: Esta función activa o refixerador, coa temperatura más fría, durante 6 horas. Recoméndase activala ó introducir no refixerador unha grande cantidad de alimentos.
Para activar e desactivar: Pulsa SUPER (2.4.1), pulsa ✦ (2.4.2) ou ✦ (2.4.3).
Función vacacíons: A función vacacíons é moi útil, cando non se vai a usa-lo refriixerador nun longo período de tempo, pero quérese conservar alimentos no conxelador. Con esta función, o teu frigorífico manterá un consumo
moi baixo e non xerará olores no seu interior. O modelo a carece desta función.
Advertencia: Para iso, a porta do frigorífico debe estar pechada.
Para activar e desactivar: Pulsa HOLIDAY (2.4.4) ou as teclas +, — ata visualizar H no display (2.4.5) ou ✕ durante 3 segundos (2.4.6). Para desactivar, repite a operación. Algúns modelos permiten un apagado do recinto refixerador.
Pulsa ON-OFF (2.4.7), ou as teclas +, — (2.4.8) ou T°☐ (2.4.9), ata que non se visualice ningún díxito.
2.5 Funcións conxelador.
Función arrefriamento rápido: Esta función activa o conxelador, coa temperatura más fría, durante 52 horas. Recoméndase activala 24 horas antes de introducir no conxelador unha grande cantidad de comida.
Para activar e desactivar: Pulsa SUPER durante 3 segundos (2.5.1), pulsa SUPER (2.5.2, 2.5.3) ou ✕ (2.5.4).
Función quick cooling: Introduce a botella ou botellas no conxelador e mantén pulsado ✿ durante uns segundos ata visualiza-la icona (2.5.5). O conxelador subministrará frío durante 15 minutos, pasado este tempo, a función terminará e escintilará activando unha alarma sonora durante 20 minutos. A alarma pode ser desactivada pulsando calquera tecla. Se esta función é interrompida por un corte de subministro eléctrico, ó seu regreso, a función considérase rematada e activase o sinal sonoro.
Función ECO: A función ECO permite ó conxelador permanecer a unha temperatura estable de -17 °C, xerando un substancial aforro de enerxia. Esta función continúa activada ainda despois dunha desconexión eléctrica.
Conexión/desconexión do conxelador: Pulsa a tecla ON-OFF (2.5.7, 2.5.8), as teclas +, — (2.5.9) ata que non se visualice ningunha temperatura no display ou ① durante 3 segundos (2.5.10). Ó apaga-lo conxelador, apagarase tamén o recinto refriherador.
2.6 Recomendacións de uso.
- Non ábra-las portas máis tempo do necesario nin metas no frigorífico alimentos quentes. Así, conseguirás un uso máis eficiente do teu frigorífico e evitara-lo aumento do consumo de enerxía.
- Se o teu frigorífico é NO FROST, non obstrúas as reixas de ventilación e deixa espazo entre os alimentos para que o aire circule entre eles.
- Non introduzas no conxelador botellas con bebidas gaseosas ou botellas de cristal que conteñan líquido no conxelador, xa que poden rebentar.
- Almacena os alimentos en recipientes herméticos para evitar que se resequen.
- Non consumas xeados ou alimentos moi fríos, xa que poden producir queimaduras na boca.
3
Mantemento e limpeza

3.1 Limpeza interior. Ó limpa-lo interior, utiliza unha esponxa ou baeta empapada en auga con bicarbonato para evita-la formación de olores. Non utilice, en ningún caso, máquinas de limpeza a vapor, disolventes ou detergentes abrasivos.
É recomendable limpa-la reixa traseira unha vez ó ano cunha aspiradora.
3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpiaos a man con axuda dunha esponxa ou baeta.
3.4 Cambio de lámpada. En caso de que se funda a lámpada: desconecta o frigorífico. Retira a cuberta presionando a pestana (3.4.1, 3.4.3) e extrae a lámpada estropeada (3.4.2, 3.4.4). Substitúa por outra do mesmo tipo de rosca, E14, 220-240V, 15/25W ou segundo indicación de luminaria.
3.5 Cambio de filtro de carbono. O frigorífico pode incorporar un filtro de carbono
que absorbe os olores estraños de certos alimentos e retén os microorganismos (fungos e bacterias) do aire en circulación.
O filtro mantén as súas propiedades durante un tempo limitado de 6 meses. Pasado este tempo, recomendase cambialo por un novo. A súa ubicación varía en función do modelo.
Para activar filtro: Presiona a pestana e retira a cuberta para acceder ó filtro (3.5.1, 3.5.3). Separa o filtro da tapa (3.5.2, 3.5.4) e retira os precintos (3.5.5).
Presiona o visor BIOFILTER ata escoitar un leve estalo (3.5.6) e, en poucos segundos, a escala de duración empezarase a colorear. Coloca o filtro na súa ubicación orixinal.
Non mólle-lo filtro, xa que perderá tódalas súas propiedades.
3.6 S.P.A. salus per aquam (opcional)
O teu frigorífico pode incorpora-lo accesorio S.P.A., que serve para manter un nivel constante de humidade no recinto portaverdura e, así, favorecer que non se resequen os alimentos.
Ubícase na xunta de separación do caixón portaverduras (3.6.1). Está composto por un depósito cun vaso vertedor e un nivel indicativo de enchedura. Cando o S.P.A. necesite auga, o nivel baixará ata ocultarse. Extrae o vaso (3.6.2) e úsao para enche-lo depósito (3.6.3).
Recoméndase cambia-lo filtro cada 2 anos (3.6.4).
4
Diagnósticos

4.1 Porta aberta. Se mante-la porta aberta máis de 2 minutos, soará unha alarma e apagarase a luz do refriixerador. A alarma desconéctase ó pecha-la porta.
4.2 Frío insuficiente no conxelador
- Se a temperatura do conxelador é anormalmente alta, aparecerá unha alarma
luminosa (4.2.1, 4.2.2) ou escintilará o icono ⚠ (4.2.3) e activarase, á vez, unha sinal acústica intermitente. Pulsa SUPERou ① para desactiva-lo sinal acústico de forma manual (4.2.4, 4.2.5, 4.2.6).
O teu frigorífico pode emitir unha serie de ruídos que son normais durante o funcionamento e polos que non te debes preocupar.
- O gas refixerante pode producir un burbulleo ó circular polos circuitos.
- O compresor pode producir zunidos e/ou un lixeiro golpeteo, sobre todo, cando se pon en marcha.
- As dilatacións ou contraccións dos materiais utilizados poden producir estalos ou ruxidos.
- O aire que move o ventilador do conxelador pode xerar un pequeno ruído de fondo.

- Mantén despexadas as reixas de ventilación.
- Ten coidado de non dana-lo circuito de refixeración.
- Non utilíce-los aparatos eléctricos no interior do frigorífico, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante.
-
Non úse-los dispositivos mecánicos ou outros medios distintos dos recomendados polo fabricante para acelera-lo proceso de desconxelación.
-
Este aparato non está destinado ó uso por parte de persoas (incluídos nenos) coas capacidades físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou que carezan de experiencia ou coñecemento, salvo baixo supervisión ou despois de recibir instrucciós relativas ó uso do aparato dunha persoa responsable da súa seguridade. Deberase supervisar o uso por parte dos nenos para evitar que xoguen co aparato.
- Se o cable de alimentación está danado, debe ser sustituido polo fabricante ou polo seu servizo postventa ou persoal similar cualificado co fin de evitar situaciones perigosas.

Medio ambiente

Este frigorífico foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente.
Desconecta o refixerador ou activa a función vacacíos para períodos prolongados de tempo nos que non vaias a facer uso do aparato. Reducira-lo consumo e aforrarás enerxía.
Evita mantene-las portas abertas durante máis tempo do necesario, xa que supón un aumento do custo enerxético.
Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriche-lo frigorífico.