BFC2312N - Conxelador BRANDT - Manual de usuario gratuíto

Atopa gratuitamente o manual do dispositivo BFC2312N BRANDT en formato PDF.

Page 51
Asistente de manual
Desenvolvido por ChatGPT
Agardando a túa mensaxe
Información do produto

Marca : BRANDT

Modelo : BFC2312N

Categoría : Conxelador

Descarga as instrucións para o teu Conxelador en formato PDF de balde! Atopa o teu manual BFC2312N - BRANDT e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. BFC2312N da marca BRANDT.

MANUAL DE USUARIO BFC2312N BRANDT

Manual de instrucións Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu frigorífico. Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.

1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección. 1.2 Situación. Coloca o frigorífico lonxe de fontes de calor e protexido dos raios directos do sol para diminuí-lo consumo. Non instále-lo frigorífico ó aire libre nin exposto á choiva. O aire debe circular pola parte traseira do frigorífico. Deixa 25 mm entre o fondo do frigorífico e a parte traseira. Non tapóne-lo espazo existente entre o teu frigorífico e o chan ou o teito con ningún obxecto. Nivela o frigorífico para evitar vibracións e ruídos. Ten en conta que, se o frigorífico está situado xunto á parede ou algún armario, pode producir pequenos ruídos. Así mesmo, comproba que as bandexas están colocadas correctamente e coloca os recipientes separados entre si para evitar vibracións. 1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousa-lo frigorífico durante, polo menos, 2 horas en posición vertical antes de conectalo. Comproba os datos da placa de características (220-240 V con toma terra) (1.3.1, 1.3.2). Non uses adaptadores nin prolongadores. Evita que o cable estea en contacto ou atrapado debaixo do motor. 1.4 Cambio de sentido de apertura da porta. Desconecta o frigorífico da rede eléctrica e baleira o contido da contraporta.

2.1 Acendido do frigorífico. Pulsa , (2.1.1). Pulsa ata que visualices un díxito na pantalla (2.1.2). Ou xira o mando (2.1.3). 2.2 Selección do recinto. Nos modelos , o recinto refrixerador eo recinto conxelador funcionan de forma , independente. Nos modelos os dous recintos funcionan de maneira . conxunta 49

g a l e g o 2.3 Selección de temperatura. Xira o mando , (2.3.1) ou pulsa as teclas primeiro do e, despois, do recinto recinto conxelador refrixerador (2.3.2). Unha vez seleccionada a temperatura, podes coñece-la temperatura real do recinto mediante os indicadores luminosos (2.3.3) ou pulsando, durante 5 segundos, as teclas ou do recinto desexado. A temperatura do recinto escintilará (2.3.4). Recomendación: Temperatura aconsellada do recinto refrixerador e do recinto conxelador para alimentos xa conxelados. No caso de que queiras conxelar, a temperatura recomendada é . Non esquezas que a temperatura do interior depende da temperatura ambiente, da situación e da frecuencia da apertura.

Para activar e desactivar: Pulsa (2.5.1, 2.5.2, 2.5.3). O modelo desta función.

. Función inverno: Só modelos Fai uso desta función se notas que o conxelador está perdendo frío. Pulsa durante 5 segundos ata que o piloto laranxa comece a escintilar (2.5.4). A luz do frigorífico permanecerá acendida a media potencia para que o compresor funcione máis tempo. Cando o conxelador se encontre á temperatura adecuada, desconecta a función inverno pulsando novamente durante 5 segundos. Conexión/desconexión do conxelador: do recinto conxelador Pulsa ou (2.5.5). Pulsa a tecla ata que non visualices ningunha temperatura na pantalla (2.5.6) ou xira o mando ata a posición (2.5.7). Ó apaga-lo conxelador, apagarase, tamén, o recinto refrixerador.

2.4 Funcións refrixerador. 2.6 Recomendacións de uso. Función arrefriamento rápido: Esta función activa o refrixerador á temperatura máis fría durante 6 horas. Recoméndase activala cando introduzas no refrixerador gran cantidade de alimentos. Para activar e desactivar: Pulsa (2.4.1, 2.4.2). Os modelos carecen desta función.

Función vacacións: A función vacacións é moi útil cando non vas a usa-lo refrixerador nun longo período de tempo, pero queres conservar alimentos no conxelador. Con esta función, o teu frigorífico manterá moi baixo o consumo e non xerará olores no seu interior. carecen desta Os modelos función. Advertencia: Para iso, a porta do frigorífico debe de estar pechada. Para activar e desactivar: Pulsa , (2.4.3), ou as teclas do recinto refrixerador ata visualizar na pantalla (2.4.4). Para desactivar, repite a operación. 2.5 Funcións conxelador. Función arrefriamento rápido: Esta función activa o conxelador á temperatura máis fría durante 52 horas. Recoméndase activala 24 horas antes de introducir no conxelador gran , cantidade de comida. No modelo desactivalo 24 horas despois. 50

• Non ábra-las portas máis tempo do necesario nin metas no frigorífico alimentos quentes. Así, conseguirás un uso máis eficiente do teu frigorífico e evitara-lo aumento no consumo de enerxía. • Se o teu frigorífico é NO FROST , non obstrúa-las reixas de ventilación e deixa espazo entre os alimentos para que o aire circule entre eles. • Non metas botellas con bebidas gasosas ou de cristal que conteñan líquido no conxelador, xa que poden rebentar. • Almacena os alimentos en recipientes herméticos para evitar que os alimentos se resequen. • Non consumas xeados ou alimentos moi fríos, xa que poden producir queimaduras na boca.

Mantemento e limpeza

3.1 Limpeza interior. Utiliza unha esponxa ou baeta empapada en auga con bicarbonato ó limpa-lo interior para evita-la formación de olores.

g a l e g o En ningún caso, utilices máquinas de limpeza de vapor, disolventes ou deterxentes abrasivos. 3.2 Limpeza exterior. Non uses máquinas de limpeza de vapor para a limpeza das pantallas. É recomendable limpa-la reixa traseira, unha vez ó ano, cunha aspiradora.

4.1 Porta aberta. Se te-la porta aberta máis de 2 minutos, soará unha alarma e apagarase a luz do refrixerador. A alarma desconéctase ó pecha-la porta. 4.2 Frío insuficiente no conxelador

3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpaos a man coa axuda dunha esponxa ou baeta. 3.4 Cambio de lámpada. No caso de que se funda a lámpada: desconecta o frigorífico. Retira a cuberta premendo a pestana (3.4.1, 3.4.3) e extrae a lámpada estragada (3.4.2, 3.4.4). Substitúea por outra co mesmo tipo de rosca, E14, 220-240 V, 15/25 W ou segundo indicación de luminaria. 3.5 Cambio de filtro de carbono. O frigorífico pode incorporar un filtro de carbono que absorbe os olores estraños de certos alimentos e retén os microorganismos (fungos e bacterias) do aire en circulación. O filtro mantén as súas propiedades durante un tempo limitado de 6 meses. Pasado este tempo, recoméndase cambialo por un novo. A súa situación varia en función do modelo. Para cambia-lo filtro: Preme a pestana e retira a cuberta (3.5.1, 3.5.5). Extrae o filtro esgotado (3.5.2, 3.5.6). Se o filtro necesita activación: Retira os precintos (3.5.3) e preme o visor BIOFILTER ata escoitar un leve estalo (3.5.4). En poucos segundos, a escala de duración empezarase a colorear. Coloca o filtro na súa situación orixinal. Mantén os filtros esgotados e os recambios fóra do alcance dos nenos; inxerilo en grandes cantidades pode ser perigoso. Non mólle-lo filtro xa que perde tódalas súas propiedades.

• Cando a temperatura do conxelador sexa anormalmente alta, aparecerá unha alarma luminosa (4.2.1, 4.2.2) e activarase, á súa vez, un sinal acústico intermitente. Pulsa (4.2.3, 4.2.4) para desactivar, de forma manual, o sinal acústico. • Só modelos . Se a función inverno se encontra activada, a alarma escintilará. Para desactivala, ver (2.5.4). • Cando conectes por primeira vez o aparato, a alarma luminosa estará activada, pero non soará a alarma. 4.3 Corte de subministro eléctrico Abre as portas do frigorífico o menos posible. Cando volva a corrente, comproba se os alimentos almacenados se desconxelaron ou non. 4.4 Ruídos normais no frigorífico O teu frigorífico pode emitir unha serie de ruídos que son normais no funcionamento e, polos cales, non te debes preocupar. • O gas refrixerante pode producir un burbulleo ó circular polos circuítos. • O compresor pode producir zunidos e/ou un lixeiro golpeteo, sobre todo, cando se pon en marcha. • As dilatacións ou contraccións dos materiais utilizados poden producir estalos ou estralos. • O aire que move o ventilador do conxelador pode xerar un pequeno ruído de fondo. Non manipúle-lo frigorífico para intentar reparalo. Chama ó servizo de asistencia técnica.

• Mantén despexadas as reixas de ventilación. • Ten coidado de non dana-lo circuíto de refrixeración. • Non utilices aparatos eléctricos no interior do frigorífico, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante. • Non uses dispositivos mecánicos ou outros medios para acelera-lo proceso de desconxelación distintos dos recomendados polo fabricante. • Este aparato non está destinado para ser usado por persoas (incluídos nenos) cuxas capacidades físicas, sensoriais ou mentais estean reducidas ou carezan de experiencia ou coñecemento, salvo que tiveran supervisión ou instrucións relativas ó uso do aparato por parte dunha persoa responsable da súa seguridade. Os nenos deberán ser supervisados para asegurar que non xoguen co aparato. • Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo fabricante ou polo seu servizo postvenda ou persoal similar cualificado co fin de evitar un perigo.

Este frigorífico foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente. Este aparato funciona con refrixerante R600A, que non deteriora o medio ambiente. Respecta o medio ambiente.Utiliza as temperaturas recomendadas para cada recinto segundo a función que necesites para conseguir un uso eficiente do teu frigorífico. Desconecta o refrixerador ou activa a función vacacións para períodos prolongados de tempo nos que non vaias a facer uso do aparato. Reducira-lo consumo e aforrarás enerxía. Evita mantene-las portas abertas durante máis tempo do necesario, xa que supón un aumento do custo enerxético. Xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. O símbolo indica que o aparato non se debe eliminar utilizando os contedores tradicionais para residuos domésticos. Entrega o teu frigorífico nun centro especial de recollida. O reciclado de electrodomésticos evita consecuencias negativas para a saúde e o medio ambiente e permite aforrar enerxía e recursos. Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriche-lo frigorífico.