C29710X - Ferro de pasar BRANDT - Manual de usuario gratuíto
Atopa gratuitamente o manual do dispositivo C29710X BRANDT en formato PDF.
| Tipo de produto | Ferro de pasar |
| Marca | BRANDT |
| Modelo | C29710X |
| Potencia | 2000 W |
| Capacidade do depósito de auga | 300 ml |
| Tipo de sola | Sola de cerámica |
| Función vapor | Vapor continuo regulable |
| Función spray | Spray integrado |
| Antical | Sistema antical integrado |
| Apagado automático | Si, despois de 8 minutos de inactividade |
| Cable | Cable xiratorio 360° |
| Dimensións (L x l x h) | 30 x 15 x 20 cm |
| Peso | 1,5 kg |
| Alimentación | 220-240 V ~ 50/60 Hz |
| Lonxitude do cable | 2,5 m |
| Mantemento | Limpar regularmente cun pano húmido; baleirar o depósito despois do uso |
| Seguridade | Apagado automático, fusible térmico |
| Pezas de recambio dispoñibles | Depósito, sola, botóns (contactar SAV) |
| Información xeral | Garantía 2 anos; non usar auga perfumada |
Preguntas frecuentes - C29710X BRANDT
Preguntas dos usuarios sobre C29710X BRANDT
0 pregunta sobre este aparello. Responde ás que coñeces ou fai a túa.
Facer unha nova pregunta sobre este aparello
Descarga as instrucións para o teu Ferro de pasar en formato PDF de balde! Atopa o teu manual C29710X - BRANDT e tome de novo o seu dispositivo electrónico nas mans. Nesta páxina están publicados todos os documentos necesarios para o uso do seu dispositivo. C29710X da marca BRANDT.
MANUAL DE USUARIO C29710X BRANDT
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu frigorífico.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.
Identificación

Identifica o modelo do teu frigorífico ("a", "b", "c", "d", "e", "f", "g") comparando o panel de mandos coas ilustracións.

Instalación
1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de protección.
1.2 Situación. Coloca o frigorífico lonxe de fontes de calor e protexido dos raios directos do sol para diminuí-lo consumo.
Non instále-lo frigorífico ó aire libre nin exposto á choiva.
O aire debe circular pola parte traseira do frigorífico. Deixa 25 mm entre o fondo do frigorífico e a parte traseira. Non tapóne-lo espazo existente entre o teu frigorífico e o chan ou o teito con ningún obxecto.
Nivela o frigorífico para evitar vibracíos e ruídos. Ten en conta que, se o frigorífico está situado xunto á parede ou algún armario, pode producir pequenos ruídos.
Así mesmo, comproba que as bandexas están colocadas correctamente e coloca os recipientes separados entre si para evitar vibracíos.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousa-lo frigorífico durante, polo menos, 2 horas en posición vertical antes de conectalo. Comproba os datos da placa de características (220-240 V con toma terra) (1.3.1, 1.3.2).
Evita que o cable estea en contacto ou atrapado debaixo do motor.
1.4 Cambio de sentido de apertura da porta. Desconecta o frigorífico da rede eléctrica e baleira o contido da contraporta.
Solta os parafusos da bisagra inferior e retíraa mantendo suxeita a porta do conxelador para evitar que golpee contra o chan. (1.4.1, 1.4.2). Retira a porta do conxelador (1.4.3).
Coa axuda dun desaparafusador, retira o embelecedor da bisagra central (1.4.4). Solta os parafusos da bisagra central e retíraa mantendo suxeita a porta do refrixerador para evitar que golpee contra o chan (1.4.5, 1.4.6). Retira a porta do refrixerador (1.4.7).
Solta o eixe da bisagra superior e colócao na mesma posición no lado oposto (1.4.8).
Solta os autopeches das portas e xíraos, colocando o do refrixerador no conxelador e viceversa (1.4.9). Volve a situar os embelecedores de ambas portas.
Coa axuda dun desaparafusador, retira os embelecedores da zona media e inferior do frigorífico e colócaos no seu lado oposto (1.4.10).
Coloca a porta do refrixerador encaixándoa na bisagra superior (1.4.11). Sen soltar a porta, preme esta cara arriba e coloca a bisagra central (1.4.12).
Solta e cambia de posición o eixe da bisagra inferior (1.4.13).
Coloca a porta do conxelador encaixándoa na bisagra central (1.4.14). Sen soltar a porta, preme esta cara arriba e coloca a bisagra inferior (1.4.15).
Uso

2.1 Acendido do frigorífico. Pulsa ON-OFF (2.1.1). Pulsa +, — ata que visualices un díxito na pantalla (2.1.2). Ou xira o mando (2.1.3).
2.2 Selección do recinto. Nos modelos a b c d, o recinto refrixerador e o recinto conxelador funcionan de forma independente. Nos modelos e f g, os dous recintos funcionan de maneira conxunta.
2.3 Selección de temperatura. Xira o mando (2.3.1) ou pulsa as teclas +, — primeiro do recinto conxelador e, despois, do recinto refrixerador (2.3.2).
Unha vez seleccionada a temperatura, podes coñecer a temperatura real do recinto mediante os indicadores luminosos (2.3.3) ou pulsando, durante 5 segundos, as teclas + ou — do recinto desexado. A temperatura do recinto escintilará (2.3.4).
Recomendación: Temperatura aconsellada do recinto refrixerador 4 e do recinto conxelador -19 para alimentos xa conxelados. No caso de que queiras conxelar, a temperatura recomendada é -24.
Non esquezas que a temperatura do interior depende da temperatura ambiente, da situación e da frecuencia da apertura.
2.4 Funcións refrixerador.
Función vacacións: A función vacacións é moi útil cando non vas usar o refrixerador durante un longo período de tempo, pero queres conservar alimentos no conxelador. Con esta función, o teu frigorífico manterá un consumo moi baixo e non xerará olores no seu interior. Os modelos a, c, e, f e g carecen desta función.
2.5 Funcións do conxelador.
Función inverno: Só modelos e. Fai uso desta función se notas que o conxelador está perdendo frío. Pulsa SUPER durante 5 segundos ata que o piloto laranxa comece a escintilar (2.5.4). A luz do frigorífico permanecerá acendida a media potencia para que o compresor funcione máis tempo. Cando o conxelador se encontre á temperatura adecuada, desconecta a función inverno pulsando novamente SUPER durante 5 segundos.
Conexión/desconexión do conxelador: Pulsa ON-OFF do recinto conxelador (2.5.5). Pulsa a tecla + ou — ata que non visualices ningunha temperatura na pantalla (2.5.6) ou xira o mando ata a posición ON-OFF (2.5.7). Ó apagar o conxelador, apagarase tamén o recinto refrixerador.
2.6 Recomendacións de uso.
- Non abras as portas máis tempo do necesario nin metas no frigorífico alimentos quentes. Así, conseguirás un uso máis eficiente do teu frigorífico e evitarás o aumento no consumo de enerxía.
- Se o teu frigorífico é NO FROST, non obstruas as reixas de ventilación e deixa espazo entre os alimentos para que o aire circule entre eles.
- Non metas botellas con bebidas gasosas ou de cristal que conteñan líquido no conxelador, xa que poden rebentar.
- Almacena os alimentos en recipientes herméticos para evitar que os alimentos se resequen.
- Non consumas xeados ou alimentos moi fríos, xa que poden producir queimaduras na boca.
3
Mantemento e limpeza

3.1 Limpeza interior. Utiliza unha esponxa ou baeta empapada en auga con bicarbonato ó limpar o interior para evitar a formación de olores.
É recomendable limpar a reixa traseira, unha vez ó ano, cunha aspiradora.
3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos para lavalouzas. Límpaos a man coa axuda dunha esponxa ou baeta.
3.4 Cambio de lámpada. No caso de que se funda a lámpada: desconecta o frigorífico. Retira a cuberta premendo a pestana (3.4.1, 3.4.3) e extrae a lámpada estragada (3.4.2, 3.4.4). Substitúea por outra co mesmo tipo de rosca, E14, 220-240 V, 15/25 W ou segundo indicación da luminaria.
3.5 Cambio de filtro de carbono. O frigorífico pode incorporar un filtro de carbono que absorbe os olores estraños de certos alimentos e retén os microorganismos (fungos e bacterias) do aire en circulación.
O filtro mantén as súas propiedades durante un tempo limitado de 6 meses. Pasado este tempo, recoméndase cambialo por un novo. A súa situación varía en función do modelo.
Para cambiar o filtro: Preme a pestana e retira a cuberta (3.5.1, 3.5.5). Extrae o filtro esgotado (3.5.2, 3.5.6).
Se o filtro necesita activación: Retira os precintos (3.5.3) e preme o visor BIOFILTER ata escoitar un leve estalo (3.5.4). En poucos segundos, a escala de duración empezarase a colorear. Coloca o filtro na súa situación orixinal.
Non molles o filtro xa que perde todas as súas propiedades.

Diagnósticos

4.1 Porta aberta. Se tes a porta aberta máis de 2 minutos, soará unha alarma e apagarase a luz do refrixerador. A alarma desconéctase ao pechar a porta.
4.2 Frío insuficiente no conxelador
- Cando a temperatura do conxelador sexa anormalmente alta, aparecerá unha alarma luminosa (4.2.1, 4.2.2) e activarase, á súa vez, un sinal acústico intermitente. Pulsa SUPER (4.2.3, 4.2.4) para desactivar, de forma manual, o sinal acústico.
- Só modelos e. Se a función inverno se encontra activada, a alarma escintilará. Para desactivala, ver (2.5.4).
- Cando conectes por primeira vez o aparato, a alarma luminosa estará activada, pero non soará a alarma.
O teu frigorífico pode emitir unha serie de ruídos que son normais no funcionamento e, polos cales, non te debes preocupar.
- O gas refrixerante pode producir un burbulleo ao circular polos circuítos.
- O compresor pode producir zunidos e/ou un lixeiro golpeteo, sobre todo, cando se pon en marcha.
- As dilatacións ou contraccións dos materiais utilizados poden producir estalos ou estralos.
- O aire que move o ventilador do conxelador pode xerar un pequeno ruído de fondo.
- Mantén despexadas as reixas de ventilación.
- Ten coidado de non dana-lo circuito de refrixeración.
- Non utilices aparatos eléctricos no interior do frigorífico, a non ser que sexan do tipo recomendado polo fabricante.
- Non uses dispositivos mecánicos ou outros medios para acelera-lo proceso de desconxelación distintos dos recomendados polo fabricante.
- Este aparato non está destinado para ser usado por persoas (incluídos nenos) cuxas capacidades físicas, sensoriais ou mentais estean reducidas ou carezan de experiencia ou coñecemento, salvo que tiveran supervisión ou instrucións relativas ó uso do aparato por parte dunha persoa responsable da súa seguridade. Os nenos deberán ser supervisados para asegurar que non xoguen co aparato.
- Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo fabricante ou polo seu servizo postvenda ou persoal similar cualificado co fin de evitar un perigo.

Medio ambiente

Este frigorífico foi deseñado pensando na conservación do medio ambiente.
Desconecta o refrixerador ou activa a función vacacións para períodos prolongados de tempo nos que non vaias a facer uso do aparato. Reducirás o consumo e aforrarás enerxía.
Evita manter as portas abertas durante máis tempo do necesario, xa que supón un aumento do custo enerxético.
Para máis información, contacta coas autoridades locais ou co establecemento onde adquiriches o frigorífico.